A derrota do Celta en Friburgo que algúns viron vir, pero salvable con outra Reconquista en Vigo

En Vigo agárranse á súa historia en Europa, con goleadas de altura e de lenda como as infligidas a Benfica ou Juventus.


|

CdIER4WW4AACfVT
Foto: RC Celta

 

 

A resaca europea seguro que lle está pasando factura aos xogadores e afeccionados do Celta de Vigo este venres. O equipo de Claudio Giráldez foi sacudido como un boneco por un Friburgo que foi mellor de punta a cabo nesta ida da eliminatoria europea. Os xermanos son un espello á alemá da filosofía dos celestes, apostando por xogadores da casa, axuntando mocidade e experiencia nun persoal ambicioso e dirixido por un técnico novo. Demasiadas similitudes entre dous equipos para unha diferenza tan tremenda a de onte no Europa-Park Stadion, deixando para Balaídos a hipotética remontada celtiña, unha tarefa difícil...pero nin moito menos imposible.

 

XA O DIXEMOS...

Neste mesmo diario advertiuse, en canto coñeceuse o nome do rival do Celta en cuartos de final, que o Friburgo non era ningunha cincenta, e xa por entón púxose sobre a mesa a ameaza que supuñan nomes como Manzambi, talvez o mellor dos xermanos na noite de de onte. O suízo foi un constante quebradizo de cabeza para os galegos, tanto pola súa presenza cerca da área, asistindo a Billa no primeiro gol e pondo a proba a Radu, como polo seu despregamento no centro do campo.

 

 

O helvético vai ser un dos nomes propios do próximo mercado de fichaxes, abrindo unha poxa entre os grandes de Europa, que tamén se quererán levar o gato á auga con futbolistas como Treu, saído da canteira do Friburgo e exemplo do bo traballo que veñen facendo en Brisgovia co fútbol basee, ao estilo da Madroa.

 

 

Entre Ginter e Lienhart encargáronse de que o Celta non puidese pór a proba a Atubolu nin unha soa vez, salvo cun arreón final á desesperada co que Fer López a punto estivo de recortar distancias. Pola mesma, unha picada de Holer e un bote caprichoso do balón impediron ao Friburgo pechar a eliminatoria nos minutos finais. Mentres, Billa, todo experiencia e arroxo, fixo de Iago Aspas, sendo as dúas figuras máis aclamadas por cada unha das inchadas, aínda que Aspas é maior que o italiano e atópase xa no ocaso dunha existosa carreira como celtiña. 

 

A HISTORIA COMO AVAL

Aínda que o Friburgo foi infinitamente mellor nos primeiro 90 minutos, o Celta pode aínda apelar á épica en Europa, algo que xa sucedeu outras veces en Balaídos. En Vigo aférranse ás páxinas máis douradas da historia do club, con goleadas épicas en competición europea como a infligida no seu día a un xigante como o SL Benfica. 

 

Os lusos fóronse en novembro de 1999 cun 7-0 de Balaídos na noite máis memorable para os incondicionais celtiñas. Turdó e Karpin por dúas veces cada un, Mostovoy, Juanfran e Makélélé fixeron os goles galegos. O Celta resolveu a eliminatoria na ida e selou a volta cun 1-1 en Lisboa. 

 

 

Esperaba a Juventus na seguinte rolda e os italianos levaron un valioso 1-0 desde Turín. Zinedine Zidane, Edgard Davids, Do Piero, Van der Sar, Conte, Tudor ou Zambrotta eran algúns dos integrantes dos bianconeros, que sufriron o seu peor pesadelo cun 4-0 en Balaídos. O citado Makélélé, dous de McCarthy e un de Brindelli en propia protagonizaron a goleada aos juventinos nunha edición na que o Lens, en cuartos, apearía ao Celta da competición tras dúas machadas históricas. 

 

 

Ao Celta valeríalle calquera deses dous resultados para pasar a semis contra o gañador da Braga - Betis, que se decidirá na Cartuxa tras o 1-1 da ida en Portugal. Con todo, non foron as únicas grandes vitorias avultadas do Celta en Europa, pois o SK Sigma Olomouc checo ou o FC Lausanne-Sport suízo sufriron a ira dos vigueses con senllos 4-0 en Europa. Peor recordo ten o FC Arges Pitesti romanés, que no 98 levou, como o Benfica, un contundente 7-0 de volta a Romanía. Á media hora Penev xa levaba tres na súa conta e Mazinho outro nunha goleada que completarían Juan Sánchez e Tomás Hervás cun dobrete. 

 

 

A nota negativa neste repaso ao histórico celtiña é que nas súas dúas participacións na Europa League, entendida como o novo formato da antiga Copa da UEFA, non logrou nunca brindar aos seus un 3-0 en Balaídos até agora. O seu mellor resultado foi o 3-1 ao PAOK en fase de grupos.

 

Foto: RC Celta

 

 O 3-0 bastaría para ir á prórroga, resultado que si cultivou na tempada 06/07 ante o Standard de Lieja ou anos antes ante Viking e Estrela Vermella de Belgrado. Tamén na Intertoto, único título europeo nas vitrinas do club vigués (cuestión discutida durante moitos anos), conseguiu gañar por 3-0 ante un rival menor como o Pelister Bitola macedonio, con dobrete de Benni McCarthy e un gol de Cáceres. A historia avala e permite crer ao Celta na remontada, que xa sabe agora que o Friburgo non é un calquera. Giráldez tomou boa nota. Chega o momento doutra Reconquista.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE