"O ano que vén, Pampín contra Lamine": canteirán do Celta, protagonista na festa de ascenso do Levante

Diego Pampín pasou nun ano de descender co Andorra a Primeira RFEF a subir a Primeira División.


|

GaBnNYqXcAADhPo
Foto: Levante VDE

 

A praza do Concello de Valencia quedou pequena ante a marea azulgrana que saíu á rúa a celebrar o ascenso do Levante UD a Primeira División. Un gol de Carlos Álvarez desde a media lúa da área no desconto permitiu aos valencianos regresar á elite, unha categoría que se lle resistiu varios anos e da que xa forma parte como o primeiro equipo en promocionar. A festa foi absoluta na cidade do Turia, onde os incondicionais se acordaron non só daquel que marca os goles, senón do que os evita. E é aquí onde emerxe a figura de Diego Pampín, protagonista inesperado das alegrías levantinistas.

 

UNS DÍAS ESTÁS ABAIXO, OUTROS ESTÁS ARRIBA...

A vida cambiou moito para Diego Pampín. Hai tres tempadas decidiu saír do Celta de Vigo. A falta de oportunidades no cadro celeste, onde se miraba á canteira moito menos que agora, obrigáronlle a buscar as habichuelas lonxe da Madroa. Foi en Andorra onde atopou a estabilidade e as oportunidades nun club cun proxecto ambicioso que na súa primeira tempada permitiuse, mesmo, soñar con ir máis aló. No entanto, ese debut foi só unha ilusión e ao ano seguinte os resultados condenaron aos do Principado, relegados a Primeira RFEF.

 

A pesar da mala tempada xeral, Diego Pampín foi do pouco salvable nos andorranos. No microestado fíxose maior e líder da zaga, chamando a atención de equipos por encima desa división de bronce á que parecía condenado. O máis insistente foi o Levante, que levou o gato á auga e fíxose cun futbolista capaz de actuar tanto de central como de lateral, onde se destapou como un dos mellores da categoría. 

 

GmPC1tSW4AAGnZo
Foto: Levante VDE

 

Indiscutible e con case 3.000 minutos ás súas costas, desde o seu debut en agosto na Xornada 3 só perdeuse cinco encontros e desde decembro, cando tivo media hora de xogo contra o Burgos, completou os 90 minutos no resto de datas. A súa segunda volta foi sobresaliente e para o recordo queda, ademais de todo o arroxo en defensa, o gol ao Huesca para abrir a lata e co que, ao cabo, celebrar un triunfo sen o que hoxe o Levante non podería celebrar o ascenso. 

 

 

Agora, Pampín descubrirá o que é a Primeira División. Sábeo el e sábeo unha afección que lle cantou: "O ano que vén, Pampín contra Lamine". O de Oleiros ten agora o reto de frear ao diamante máis brillante do fútbol mundial e seguir queimando etapas no Levante, onde parece atopar un ecosistema ideal para crecer como futbolista,

 

 

“Sodes especiais, tedes un sentimento moi especial”, declaraba onte emocionado ante os seus. O seu futuro parece ligado ao Ciutat de València e a Primeira División. O ano que vén Pampín contra Lamine.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE