O servizo municipal de deportes en Vigo diríxese á "privatización total", alertan sindicatos

Este "desmantelamento", aseguran, estendeuse a practicamente todos os servizos públicos nunha "estratexia premeditada".


|

Fotonoticia 20220409155809 1200
Foto: EP

 

O comité de persoal laboral do Concello de Vigo denunciou o "desmantelamento" do servizo municipal de deportes, encamiñado a unha "privatización total", e alertaron de que este modo de actuar por parte do goberno municipal estendeuse a practicamente todos os servizos públicos nunha "estratexia premeditada".

No caso concreto de deportes, os sindicatos explicaron a Europa Press que os servizos se prestan por parte de empresas privadas na práctica totalidade das instalacións (máis dunha vintena), fóra dos complexos de Samil e As Travesas, o ximnasio da Carmen e o pavillón do Berbés.

Para atender a esas catro instalacións, explicaron, hai actualmente 29 traballadores públicos, pero hai outras 20 prazas sen cubrir: 3 conserxes responsables, 11 oficiais de instalacións (dúas delas por recentes xubilacións), 5 oficiais de mantemento e unha de axudante de mantemento. A situación repítese tamén na parte administrativa do servizo, con 9 traballadores en activo e 7 prazas sen cubrir.

Segundo denunciaron, para poder prestar o servizo, ante a escaseza de persoal, no seu momento eran os axudantes de instalacións os que facían máis funcións das que lles correspondían, a cambio dunha compensación, pero, desde 2021, deixáronse de pagar esas produtividades e os traballadores acudiron aos tribunais, que lles deron a razón.
 

UN PLAN PRIVATIZADOR A curto prazo?

Ante a situación, desde o Concello optouse por outra solución, unha encomenda de servizos durante 6 meses, pero o comité sospeita que a intención última é acabar privatizando o servizo, como se fixo no resto de instalacións.

"Esta non é unha situación casual, é unha estratexia planificada. Primeiro non se cobren as vacantes, provócase unha situación de necesidade, non se recorre á Bolsa de traballo nin se executan as OPE, e coa escusa de que os usuarios protestan e débese prestar o servizo, existe a coartada perfecta para contratar unha empresa privada", explicaron, e insistiron en que é unha "táctica" que se repite na maioría de servizos municipais externos, como xardíns, VigoNature (antes Vigozoo), etc.

Os sindicatos lamentaron que este "desmantelamento" afecto a gran parte dos servizos públicos municipais, e non só ás prazas de persoal laboral. Así, lembraron que, nos últimos anos, o Concello da cidade olívica ha pasado de ter uns 1.500 traballadores a menos de mil, e que máis do 50 % das prazas en servizos externos están desempeñadas por empregados de empresas privadas.

Só nos orzamentos do exercicio pasado quedaron sen executar uns 11 millóns de euros do capítulo 1 (destinado a gastos de persoal), incidiron, e engadiron que os servizos privatizados "salguen moito máis caros ao contribuínte".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE