O Celta rexorde das súas cinzas: Unha remontada épica fronte ao Betis (3-2) (vídeo)
O conxunto vigués logrou unha vitoria que pode ser clave para o seu futuro en LaLiga en 2025, superando un 0-2 inicial nun emocionante encontro en Balaídos.
O Real Club Celta de Vigo protagonizou onte unha fazaña memorable ao remontar un 0-2 adversa fronte ao Real Betis Balompé, culminando cun triunfo por 3-2 no estadio Abanca Balaídos. Este resultado a leja máis aos celtiñas da zona de descenso e permítelles soñar con europa.
Da desesperación á euforia
O encontro comezou cun Celta desorientado, permitindo que o Betis tomase vantaxe rapidamente. Antony abriu o marcador aos 10 minutos cun disparo preciso desde dentro da área, seguido por Diego Llorente, quen ampliou a vantaxe verdibranca cun cabezazo certeiro tras un córner sacado por Isco. Pouco despois puido chegar o terceiro noutro corner pola dereita sacado con precisión por Isco pero o balón foi ao traveseiro. Pouco despois Rodríguez mandou un trallazo á cruceta viguesa. Non pasara media hora de partido e os galegos estaban contra as cordas.
O factor Balaídos
Con todo, o panorama cambiou drasticamente na segunda metade. O equipo local, dirixido por Claudio Giráldez, regresou ao campo cunha determinación renovada. A remontada iniciou cun golazo de Beltrán, quen cravou o balón na escuadra tras unha asistencia de Hugo Álvarez. no 63,
O empate chegou pouco despois, cando Javi Rodríguez culminou unha xogada colectiva, desatando a euforia nas bancadas.
O Betis puido marcar no 72 cun disparo de Ate que se foi alto. O gol da vitoria foi obra de Swedberg, quen aproveitou no 86 un centro de Carreira para selar o triunfo celeste tras unha gran xogada de equipo.
![Beltran, Sotelo y Williot celebran el primer gol del Celta](/multimedia/images/7183706.jpg)
Esta vitoria non só representa tres puntos cruciais para o Celta, senón que tamén marca un punto de inflexión na súa tempada. Con 28 puntos, o equipo vigués afástase da zona perigosa da táboa, mentres que o Betis ve comprometidas as súas aspiracións europeas.
A afección galega ha destacado a resiliencia do equipo celeste e o impacto positivo dos cambios realizados por Giráldez. Con todo, é evidente que o equipo segue sendo bastante bambo en defensa, polo menos en determinados momentos dos partidos.
Escribe o teu comentario