A Estación de Montaña de Manzaneda reabre este martes dúas pistas
A Estación de Montaña de Manzaneda prevé reabrir estre martes dúas pistas, con case 1 quilómetro de terreo esquiable, segundo informaron os seus responsables nun comunicado.
A Estación de Montaña de Manzaneda prevé reabrir estre martes dúas pistas, con case 1 quilómetro de terreo esquiable, segundo informaron os seus responsables nun comunicado.
O funcionamento dos canóns durante parte da noite do domingo ao luns, ata que a temperatura o permitiu, así como o movemento da neve que sobreviviu á choiva do pasado domingo permitirá que para este martes póidanse recuperar dúas pistas, en concreto Xeixo e Fontefría, que entre ambas suman 1 quilómetro esquiable.
Tamén estarán abertas a cafetaría e o autoservicio, do mesmo xeito que o servizo de aluguer de equipos e todas as instalacións e servizos auxiliares, como a piscina, o circuíto de spa ou o rocódromo.
Escribe o teu comentario