Gadis e Obradoiro gañan o partido ao sinhogarismo: 770 quilos de produtos doados á beneficencia
O club de baloncesto e a cadea de supermercados fixeron entrega dos produtos ao Albergue Xoán XXIII.
154 puntos anotaron Obradoiro e Fuenlabrada no seu duelo, no que desgraciadamente os santiagueses sucumbiron contra o conxunto madrileño. Nese choque, o marcador importaba, aínda que non tanto o vencedor. Cada punto significaba un carriño da compra cheo, xa que o encontro era o XII Partido Solidario Gadis, evento no que o equipo compostelán e a cadea de supermercados danse a man para axudar á beneficencia.
Por cada punto do partido, a firma galega doou 5 quilos de comida. En total, 770#kg de produtos non perecedoiros para o Albergue Xoán XXIII de Santiago de Compostela, "institución que desenvolve un relevante labor social en Santiago atendendo a colectivos vulnerables".
Para a entrega dos produtos participaron Rafael Silva, do consello do club santiagués, Héctor Galán, director xeral, Alonso Grela e Pabño Harguindey, xogadores da Obra, Frei Miguel de Mátaa Merayo, do Albergue compostelán, e Miguel Freire, de Gadisa Retail.
"Desde a posta en marcha do Partido Solidario Gadis en colaboración co Monbus Obradoiro CAB, a compañía doou en total máis de 7.500 quilogramos de produtos para axudar a cubrir as necesidades de colectivos desfavorecidos", apuntan desde Gadis, que realiza diversas campañas neste sentido a través do deporte.
Escribe o teu comentario