Gadis e o CAB Obradoiro afrontan o seu partido máis importante para gañar ao sinhogarismo

A empresa galega e o equipo compostelán recadarán alimentos non perecedoiros no próximo duelo da Obra.


|

PARTIDO SOLIDARIO OBRADOIRO GADIS
Foto: Gadis

 

Un partido de baloncesto con moitos puntos adoita significar diversión para o espectador, pero o do sábado 14 de decembro significará, ademais, un triunfo contra un problema de primeira orde como é a situación de vulnerabilidade que viven as persoas sen teito. O sinhogarismo é unha secuela á que o CAB Obradoiro pretende machar coa axuda de Gadis, que se comprometeu a doar 5 quilos de comida por cada punto que os santiagueses anoten no seu próximo choque. 

 

O Albergue Xoán XXIII beneficiarase desta iniciativa, que corresponde ao XII Partido Solidario Gadis que se celebrará no Multiusos Fontes do Sar contra o Fuenlabrada. A cadea de supermercados acercaerá a esta entidade social alimentos non percederos por cada canastra que anoten Obra e Fuenla, o que multiplicará substancialmente a axuda a esta institución que axuda aos colectivos máis vulnerables. 

A maiores, Gadis ten unha promoción até sábado nos supermercados de Santiago, Negreira,
Meixonfrío, Cacheiras, Ordes, Padrón, Bertamiráns e Teo pola que os clientes, con compras superiores a 40 euros, poderán adquirir até catro entradas de adulto a prezo de 10 euros en Tribuna 2 para presenciar o duelo. 


"As entradas pódense adquirir a través da páxina web do Monbus Obradoiro CAB, na que, antes de proceder ao pago, hai que introducir o código que figura no vale entregado en Gadis. Ademais, pódense comprar presentando devandito vale nas oficinas do club, de luns a venres, entre as 10 e as 14 horas e, se non están esgotadas, tamén en despacho de billetes o mesmo sábado a partir das 17 horas", apuntan desde a firma.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE