O "método Swedberg" pode reportar aos Celta beneficios millonarios
O sueco, fichado no seu día como unha gran aposta de futuro, está a render por fin ao nivel que prognosticaba o seu principal valedor, Luís Campos.
"Acabará custando 30 millóns, xa o veredes". O vaticinio de Luís Campos, "gurú" do mercado de fichaxes que chegou a Vigo como unha revolución e foise pola porta de atrás de Balaídos, comeza a ser unha realidade. A profecía do francés era que Williot Swedberg, un raparigo de apenas 18 anos que aterraba na cidade olívica desde Suecia e sendo un gran descoñecido para o gran público. A falta de fama non impediu ao Celta de Vigo desembolsar máis de 5 millóns de euros nunha operación arriscada e que durante moito tempo foi criticada por un sector da afección, que agora parece recapitular ao ver o bo nivel do Hammarby.
DE MENOS A MÁIS
E é que este 2024 Swedberg é, por fin, ese xogador talentoso e diferencial que se prometeu á parroquia celtiña. Custou, porque en tres tempadas as súas presenzas foron máis ben testemuñais. Internacional cos inferiores de Suecia e en dinámica do primeiro equipo desde a súa chegada, no primeiro ano apenas participou en catro choques ligueiros nos que non chegou a sumar nin unha hora de xogo. 33 minutos contra Osasuna é o seu debut foi o máximo que lle concedeu Carlos Carvalhal, tendo en conta que Eduardo Coudet non lle deu nin a alternativa o tempo que o tivo ás súas ordes.
O curso seguinte non foi moito mellor. Rafa Benítez deulle contadas oportunidades, aínda que Swedberg respodió con goles que valeron puntos: primeiro no 2-3 do Celta ao Almería na primeira vitoria do equipo o ano do centenario; daquela salvando a cabeza do madrileño no primeiro partido de 2024 ante o Betis. Nos dous choques resolveu o partido no tempo de desconto. Tamén no empate ante o Cádiz viu porta, aínda que ese día foron os amarelos os que sorprenderon no engadido.
Non foi até o cesamento de Benítez e a chegada de Claudio Giráldez que a súa sorte cambiou. O do Porriño confiou nos mozos e viu as virtudes de Swedberg, que xa o curso pasado, na recta final, gozou de titularidade e minutos de calidade. Con el no campo, o Celta puido lograr a salvación, tamén coas súas celebracións ante As Palmas e Athletic. Gañouse, mesmo, debutar coa absoluta de Suecia nun partido @amistoso.
UN FIXO PARA GIRÁLDEZ
Paciente e traballador, a vida de Swedberg cambiou desde que Giráldez tomou os mandos. Participou no dez partidos de liga e, tanto cando saíu de refresco como cando actuou de titular, foi unha peza importante para o preparador. No debut ligueiro marcou e asistiu para o 2-1 final ante o Alavés e este sábado contra o Real Madrid anotou o gol celeste e gozou de varias ocasións que puideron dar algún punto aos vigueses.
Ten desenvoltura e ambición, só fáltalle afinar a puntaría e tomar mellores decisións en tres cuartos de campo. De momento, demostrou que os que lle botaron o lazo viron algo que os demais tardamos un pouco máis en descubrir. Vimbias ten, desde logo. O mozo de ouro, aquel que chegará a valer 30 millóns, segue subindo a súa cotización.
Escribe o teu comentario