Á final! A SD Compostela derrota ao Poblense nun final de infarto e pelexará pola Copa Federación

Os santiagueses imponse por 3-2 nas semifinais e xa esperan ao vencedor do choque que enfrontará ao CD Estremadura contra Las Rozas.


|

GaB8pRBW0AAi6km
Foto: SD Compostela

 

Con 2-2 no luminoso, e a falta dun minuto para cumprir o tempo regulamentario, Charlie Cinta cazou un balón na área pequena para adiantar á #SD Compostela e levar a alegría ao Estadio Vero Fenda. E é que o gol do de Mérida mete aos santiagueses na final da Copa Federación despois de derrotar por 3-2 ao Poblense. Agora, o Compos espera ao seu adversario, que sairá do duelo do próximo 6 de novembro entre o #CD Estremadura e Las Rozas.

 

 

 

O Compos celebrou o primeiro triunfo do curso ante a súa xente nun partido igualado e que se decidiu nos minutos finais, a pesar de que De Prado, cunha gran cabalgada pola dereita e picando o coiro por encima da meta, e Manu Barreiro, cun sensacional croque, adiantaron por dúas veces aos locais, que viron como Aitor Pons igualaba por dúas veces a contenda. Charlie, no 89, decidiría a semifinal, aínda que Hugo Matos ou Manu Rivas puideron decantar a balanza moito antes, pero malograron as súas ocasións ante a meta balear.

 

Os galegos plantáronse en semis despois de deixar na cuneta a Vinemor , Lealdade e Sestao River, todos eles a domicilio e sen encaixar un só gol. Coa vitoria sobre o Poblense ao Compos só sepáralle un triunfo para conquistar o primeiro título da súa historia e coar nun palmarés onde o Pontevedra e o extinto #CD Ourense presumen de dous cordóns cada un -só o #CD Puertollano ten máis títulos que os granotas e que o desaparecido club auriense-. Tamén o Celta B e o Arenteiro, este último na tempada 2022/23, conquistaron este campionato que agora está ao alcance da man dos santiagueses.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE