A Xunta pon en valor o esforzo dos deportistas galegos que participaron en París 2024

Diego Calvo puxo de manifesto a "moi boa" saúde do deporte en Galicia.


|

Rodrigo germade bronce
Os galegos Carlos Arévalo e Rodrigo Germade conquistaron un bronce xunto a Saúl Cravioto e Marcus Cooper

 

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, enxalzou o esforzo realizado pola delegación galega nas olimpíadas de París 2024, finalizadas o pasado domingo, que reflicten a "moi boa" saúde do deporte en Galicia.

Este martes, dous días despois da xornada de clausura, o responsable de Deportes no Goberno galego ha feito balance da participación galega nos Xogos Olímpicos, que se saldou con cinco medallas de bronce de deportistas galegos ou vinculados con Galicia, así como outros once diplomas.

Os gañadores de medalla foron os piragüistas Rodrigo Germade e Carlos Arévalo e o porteiro de balonmán Rodrigo Corrales, aos que se suman o boxeador Emmanuel Reyes, natural de Cuba pero asentado na Coruña desde hai varios anos; o padeeiro Diego Domínguez e o judoca Francisco Garrigós. Estes dous últimos tamén son de fóra de Galicia, aínda que teñen a consideración de Deportistas Galegos de Alto Nivel ao ter licenza federativa con clubs galegos.

O balance dos xogos de París, dúas medallas inferior ao éxito logrado en Tokio, de onde os deportistas galegos regresaron con sete preseas; constitúe para Diego Calvo unha mostra da "moi boa" saúde do deporte en Galicia, que conta con máis de 1.000 deportistas de alto nivel, o número máis alto da historia.

Tras enxalzar e recoñecer o esforzo feito por toda a delegación galega na capital francesa, o responsable de Deportes desexou sorte aos deportistas que participarán nos Xogos Paralímpicos que comezan o próximo 28 de agosto, unha cita na que a Xunta ten depositadas "moitas esperanzas". 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE