Falece un piloto galego nos adestramentos do Gran Premio de velocidade de La Bañeza 2024
O piloto, con licenza da Federación de Castela e León, tiña previsto participar na proba este domingo
Un piloto da escuadra MMG Racing, do municipio coruñés de Culleredo, perdeu a vida tras sufrir un accidente nos adestramentos do Gran Premio de velocidade de motociclismo de La Bañeza 2024.
O piloto galego, con licenza da Federación de Castela e León, tiña previsto participar na proba este domingo.
A Federación Galega de Motociclismo mostrou o seu "profundo pesar" polo falecemento do piloto da escuadra de Culleredo e transmitiu a súa pésame a compañeiros, familiares e amigos.
Escribe o teu comentario