Hugo Novoa ao Deportivo...ao Deportivo Alavés
O futbolista de Ames, criado na canteira do Deportivo da Coruña, abandona o Red Bull Leipzig.
A ilusión do galego Hugo Novoa Ramos era fichar polo Deportivo e así o fará, aínda que non como pensaba o carrilero de Ames. Porque aínda que dixo en moitas ocasións que a súa aspiración era regresar a Riazor , o de Bertamiráns sae de Alemaña e vestirá de branquiazul...pero coas cores doutro Dépor: o Deportivo Alavés.
O internacional cos inferiores da Selección Española enrólase así nas filas do conxunto vitoriano para suplir a Gorosabel , que se marchou ao Athletic de Bilbao, e, mesmo, a Javi López, que fixo o propio para incorporar á Real Sociedade. O xa ex do Red Bull Leipzig abandona o cadro xermano para achegar versatilidade aos babazorros, que precisaban dun futbolista de longo percorrido como el, capaz de ocupar ambos os carrís e xogar tanto na parcela ofensiva como na retagarda.
Tras xogar no Vilarreal B a pasada tempada -estivo medio curso nos amarelos; o outro medio pasouno no Utrecht da Eredivisie-, agora porase ás órderes de Luís García Plaza. O alavés abonou 1,5 millóns para poder facer coa propiedade do galego, sobre o que se especulou co seu regreso ao Deportivo da Coruña despois do ascenso dos herculinos a Segunda División.
O prometedor defensor, que cumprirá o seu soño de xogar en Primeira División, estará en Vitoria até 2029 si cumpre o contrato que vén de rubricar.
Escribe o teu comentario