O galego Joselu recibido como un emir en Qatar tras gañar a Eurocopa

Tras o seu ano máis exitoso, o de Silleda emprende unha nova aventura no fútbol de Asia. 


|

Joselu qatar
Joselu qatar

 

O dobre campión de Europa (Champions co Real Madrid; Eurocopa con España) xa está en Doha. O galego Joselu acaba de aterrar en Qatar para enrolar nas filas do Ao Gharafa, equipo que recibiu ao dianteiro coas máximas honras no aeroporto, case sen tempo a baixar do avión antes de recibir un baño de masas coa fichaxe estrela da liga qatarí.

 

Tras vestir as cores de Alavés, Espanyol ou Deportivo da Coruña en Primeira División, o de Silleda despídese do Real Madrid despois dunha soa tempada na que foi unha peza importante dos brancos para a conquista da liga e a Champions League, onde tivo un papel destacado en semifinais cos dous goles que remontaron o choque contra o Bayern de Munich

 

Joselu enfróntase agora á súa terceira experiencia no estranxeiro. Na súa folla de servizos atopamos goles en Alemaña, coas camisetas de Hoffenheim, Hannover e Eintracht de Frankfurt, e en Iglaterra, vestindo as casacas de Stoke City e Newcastle. No entanto, nin na Bundesliga nin na Premier mostrou o acerto realizador que si tivo en España, especialmente despois de superar a trintena.

 

O ariete márchase pola alta competencia que promete haber na fronte de ataque do Bernabéu o próximo ano, con Endrik e Mbappe recentemente chegados para buscar un oco nunha liña onde xa están Vinicius, Rodrygo, Brahim ou Bellingham. Compartirá vestiario con dous vellos coñecidos da liga, como son os alxerinos Boulaya e Brahimi. Promete ser este un caloroso e dourado retiro para o galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE