Alcaraz gaña o seu segundo Winbledon tras unha esmagadora vitoria sobre Diokovic
Con este trofeo iguala a Rafa Nadal como español con máis vitorias, dúas, sobre herba con só 21 anos

O tenista español Carlos Alcaraz gañou o seu segundo Winbledon en tres sets (6-2, 6-2 e 7-6(4) nun encontro que durou máis de dúas horas e media. Así pois, o serbio Novak Djokovic non consegue igualar os oito trofeos Winbledon de Federer.
O tenista do Palmar foi superior ao serbio nun encontro no que Alcaraz perdeu un único saque nas máis de dúas horas de competición. Djiokovic, número dous do mundo, viuse perdido ante a potencia do número tres mundial, Carlos Alcaraz. Este último ofreceu un sorprendente movemento de pernas que se reforzou con saques de gran potencia que non puido contrarrestar o serbio.
Ademais de ser o segundo Wimbledon para Alcaraz, tamén é o cuarto título de Grand Slam. Con este trofeo iguala a Rafa Nadal como español con máis vitorias, dúas, sobre herba con só 21 anos. Tamén é o primeiro que consegue gañar este trofeo en dous anos consecutivos.
Escribe o teu comentario