Morre José María Caneda, o presidente que levou a primeira á SD Compostela
O club dunha cidade de menos de 100.000 habitantes chegou a competir cara cara xigantes do fútbol español graciasa lai polémica xestión dun empresario moi peculiar.
José María Caneda, histórico presidente da Sociedade Deportiva Compostela, faleceu na madrugada deste luns en Santiago aos 77 anos de idade.
Caneda, orixinal do barrio de Amio, tomou as rendas do club en 1988 e nos seus primeiros anos como máximo responsable logrou sucesivos ascensos tras caer até a Terceira División.
Así, baixo o seu mandato a SD Compostela e con Fernando Castro Santos como adestrador, o club subiu a Segunda División B na tempada 1989/90 e, na seguinte, chegou a Segunda.
Na tempada 1993/94, o club santiagués conseguiu ascender a Primeira División, na cal permaneceu até a 1997/98.
Tras transcender o falecemento de Caneda, a SD Compostela publicou varias mensaxes en redes sociais lamentando a perda de quen fixo "realidade o soño" da capital galega de levar o seu equipo fútbol "todo o máis alto". "Sempre estarás nos nosos corazóns".
Escribe o teu comentario