"E, se se vai Larsen, que?" O Celta pensa en dous "viquingos" para substituír ao noruegués
O dianteiro será a gran venda dun equipo que necesita reforzar o seu ataque o próximo verán.
Nin as desculpas de Larsen despois das súas polémicas declaracións poderán manter ao noruegués en Balaídos a tempada que vén. Son moitos os equipos dispostos a deixar unha boa cifra nas arcas do Celta de Vigo, desexoso de ingresar varias decenas de millóns nas súas maltreitas contas para afrontar as contratacións que necesita o próximo verán. A fichaxe máis urxente será o dun nove, xa que o adeus do noruegués obriga ao club a buscar un remplazo de garantías, pero non son tantas as opcións bonitas e baratas no mercado.
Os DOUS VIQUINGOS
Hoxe hai dúas opcións encima da mesa. A primeira esa a de Joselu, un futbolista que acaba de cumprir 34 anos pero que é un valor seguro no negocio do gol. O dianteiro, hoxe nas filas do Real Madrid, non é propiedade dos viquingos, senón dun Espanyol que non ten asegurado o seu ascenso a Primeira División.
Coa presumible chegada de Mbappé e a fichaxe de Endrick, o de Silleda quedaría sen sitio no Bernabéu, polo que buscaría unha nova saída para manter na elite. Se o Celta consegue a permanencia, Joselu podería ver con bos ollos o regreso á que foi a súa casa. Con todo, a idade e o prezo son o gran escollo para o seu desembarco na ría de Vigo.
É aquí onde aparece a outra gran alternativa, a de Iker Losada. O excanterano nunca escondeu o seu desexo de regresar ao Celta e manifestou en varias ocasións que neste momento só se exporía deixar Ferrol por volver vestir o celeste.
![Iker losada](/multimedia/images/6603972.jpg)
O de Catoira cumprirá 23 anos en agosto e está a callar unha grandísima tempada na división de prata, onde centrou a mirada de moitos equipos dispostos a lanzar pola súa contratación. Os seus 9 goles serían auga de maio nun Celta necesitado dunha substitución xeneracional no ataque. Giraldez coñece perfectamente ao "viquingo" e ao resto de cachorros da Madroa. A súa continuidade na dirección técnica é clave para convencer a Losada, que non quere ver cortada a súa boa progresión.
Escribe o teu comentario