O temporal fai que a Estación de Manzaneda teña unha previsión de 10 centímetros de neve este fin de semana
A estación de montaña de Manzaneda (Ourense) abrirá este fin de semana con polo menos dúas pistas abertas e coa previsión de que a neve se manteña cun espesor de até 10 centímetros.
Nas últimas horas na estación intensificaron os traballos para poder abrir, polo menos, dúas pistas e tamén para poder habilitar o maior número posible de quilómetros esquiables.
Aínda que a previsión anuncia choivas para este sábado pola noite, a neve podería manter durante todo o fin de semana e a próxima semana, cando esperan que continúen as baixas temperaturas.
Por tanto, os visitantes poderán acudir á estación en horario ininterrompido de 9,20 a 17,15 horas e poderán alugar os equipos desde as 8,30 horas.
Escribe o teu comentario