Adeus a Miguel Ángel, 'O Gato' da portaría do Real Madrid cos yeyés e a Quinta do Buitre

O gardameta defendeu o arco merengue desde finais dos 60 até mediados dos 80, acabando coa seca do Madrid en Europa.


|

GFphfq1WkAAtDbh
Foto: @g24noticias

 

En Concha Espina os máis veteranos aínda lembran o voo dun ourensán que, sen ás, chegaba de pau a pau como un gato montés. Era Miguel Ángel González Suárez, unha lenda do Real Madrid que faleceu aos 76 anos de idade despois de defender a porta branca durante case 350 partidos e en tres décadas distintas, anos no que gañou ligas, copas e campionatos internacionais.

 

Miguel Ángel naceu en Ourense e do Couto pasou ao Real Madrid, previo paso por un Castelló que só puido gozalo durante uns meses antes de que aterrase para quedar na capital de España. Alí coincidiu coas últimas rabexadas do Madrid dos yeyés, un equipo lendario que con Miguel Muñoz de adestrador conquistou a sexta orejona para os merengues. 

 

Miguel Ángel chegaba para suplir a outro mítico, Araquistáin, aínda que a competencia con Betancort ou García Remón dificultoulle o salto á titularidade, algo que alcanzaría a mediados dos 70, anos nos que o Real Madrid vivía anos de seca en Europa -perdeu a final da Copa de Europa contra o Liverpool no 81, con Agustín de titular en lugar do ourensán- e enfrontábase ao Barça dos holandeses, con Johan Cruyff á cabeza. 

 

Mundialista en Arxentina 78, non abandonou as luvas até 1986, cando a Quinta do Buitre asombraba ao continente e conquistou dúas Copas da UEFA consecutivas, a primeira delas con 'O Gato' baixo os paus ante o Videoton hungaro. En total, foron 346 partidos, nos que conquistou ademais desas dúas UEFAs, sete Ligas, tres Copas de España e unha Copa da liga. Outro galego, Paco Buyo, acabaría sendo o remplazo do de As Burgas.

 

En 2022 Miguel Ángel foi diagnosticado de ELA e este 6 de febreiro confirmouse a súa morte aos 76 anos, deixando atrás unha pegada indeleble no madridismo.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE