Así derrotou o Celta a Osasuna 0-3 (vídeo) con goles de Larsen, Douvikas e da Torre

Os de Rafa Benítez collen un osíxeno moi necesario, pois tras sumar tres puntos no Sadar só están tres puntos por encima dos postos de descenso. Os vigueses teñen 20 puntos na posición 16, decimoséptimo é o sevilla con 17, decimocotavo en decenso está o Cádiz tamén con 17, penúltimo é o Granda con 12 e xa condenado parece o último, o Almería con só 6 e ningunha vitoria.


|

Larsen celebra su gol en El Sadar en una imagen del Celta
Larsen celebra o seu gol no Sadar nunha imaxe do Celta

 

Nun enfrontamento clave para os galegos en LaLiga EA Sports, o Celta de Vigo impúxose de maneira contundente ao Osasuna cun marcador de 0-3. O adestrador estrela fichado esta tempada, Rafa Benítez, moi cuestionado nos últimos tempos, acha respiro grazas a unha destacada actuación do seu equipo.

 

Larsen e Da Torre, os mellores

O conxunto galego mostrou un dominio case absoluto no Sadar, destacando as actuacións estelares de Larsen, quen levou a distención de MVP, e Da Torre, clave nas transicións ofensivas. En todo caso, ambos moi activos en todo o encontro.

 

O Celta saíu enchufado creando ocasións. O nórdico abriu o marcador cun gol de nove, cun disparo ao segundo pau nunha transición desde o bordo a área. Os vigueses dominaban xa por entón o partido. 

 

Corría o 24 da primeira parte e os navarros acusaron o golpe. Un minuto despois, Larsen asistía a De La Torre en boca de gol. 

 

A partir de entón Osasuna, que partía como favorito pois está na parte media da táboa, tentouno con decoro pero con nulo acerto ante a ordenada zaga galega e a boa actuación de Guaita. 

 

O adestrador Rafa Benítez cambiou de dianteiros na recta final e a estratexia deulle resultados. O grego Douvikas entrou no 61 e no último minuto culminou un contraataque sentenciando o encontro da vixésima terceira xornada, concedendo aos galegos un respiro moi necesario en LaLiga EA Sports.

"O proxecto e o club están a camiñar na dirección axeitada" destacou o preparador en rolda de prensa. Benítez recoñeceu que está en "un proxecto novo" no que necesita "resultados" para que "a xente che crea".

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE