Primeira pedra do proxecto 'Ferrol Cidade do Deporte' que dará ao Racing de Ferrol unha Malata de Primeira División
Diego Calvo, vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, e José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol, selaron esta mañá o acordo.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinaron este venres o acordo para desenvolver o proxecto 'Ferrol Cidade do Deporte'.
A iniciativa teñen un orzamento de 18 millóns de euros, que serán cofinanciados a partes iguais por ambas as administracións entre 2024 e 2027, para mellorar e remarcar as infraestruturas deportivas ferrolás.
Segundo informou a Xunta, o obxectivo é fomentar o deporte entra a poboación do concello e da súa contorna, así como facilitar a súa práctica en todos os niveis.
O principal eixo de actuación será na ensenada da Malata, con sete instalacións principal, entre as que se atopan: o estadio do Racing Club de Ferrol, as pistas de skate, o recinto feiral FIMO, o campo de rugby, a pista de atletismo e as pistas de tenis, e o pavillón.
Nestas instalacións prevén obras de reparación de carácter global, tanto no interior como no exterior, así como a rehabilitación de edificios e a mellora da súa accesibilidade.
Na contorna da Malata, en concreto na Cabana, proxéctase rehabilitar a cidade náutica coa adecuación dos edificios e a instalación de dous embarcadoiros, así como a reparación do pavimento da súa pista polideportiva.
Ademais destas instalacións, pretenden reformar outras na contorna urbana do concello para adecualas ás novas necesidades e á normativa.
Desta forma, trátase do campo de fútbol de Caranza, o complexo deportivo da Gándara e os pavillóns polideportivos Santa Mariña, o Ensanche e a Casa do Deporte, así como a piscina de Caranza.
Escribe o teu comentario