O bono deporte tamén se poderá gastar en ópticas e ortopedias
En teoría este novo bono da Xunta era para gastar en material deportivo, pero hai que ter en conta que nas ortopedias podes atopar artigos como persoais ortopédicos, soportes para xeonllos, muñequeras, e outros dispositivos deseñados para mellorar a postura e axudar na recuperación de lesións musculares ou articulares. Nas ópticas hai lentes graduadas, lentes de contacto, solucións para o coidado de lentes e accesorios ópticos que son claves para algúns deportes. A Xunta asegura que xa hai 111.000 beneficiarios do bono, lanzado en época prelectoral.
O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicou a orde pola que se abre un novo prazo para a adhesión dos establecementos comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos ao Bono Deporte.
Así, as novas modificacións permitirán a inclusión de novos establecementos a este programa que xa conta con máis de 111.500 bonos descargados e un gasto de 7,8 millóns de euros.
O prazo para as novas adhesións empeza este sábado e será de 15 días naturais, polo que finaliza o 19 de febreiro. Con todo, as familias interesadas poderán descargar o bono até o 29 do mesmo mes.
![Rollerderby](/multimedia/images/1702596.jpg)
A Xunta lembrou que o primeiro prazo de adhesión empezou o pasado 12 de decembro de 2023 e finalizou o 2 de xaneiro de 2024, seis días antes do inicio da campaña. Neste primeiro prazo adheríronse un total de 703 establecementos --456 comercios e 246 clubs--.
O novo prazo permitirá aumentar o número de locais comerciais, entidades deportivas e prestadores de servizos deportivos nos que os beneficiarios poidan realizar as actividades obxecto do programa.
Coa modificación dos anexos da orde poderanse adherir os establecementos cuxos epígrafes do Imposto de Actividades Económicas estean relacionados coa óptica e a ortopedia.
Escribe o teu comentario