O Centro Galego de Tecnificación Deportiva será a casa de 157 deportistas de 13 disciplinas

As prazas para esta tempada 2023-2024 no CGTD déronse a coñecer este xoves no DOG.


|

Centro galego de tecnificaciu00f3n deportiva
Foto: Xunta

 

O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves a resolución da concesión de prazas da tempada 2023-2024 no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD), que beneficia a 157 deportistas de 13 disciplinas.

Do total, explican nun comunicado, 96 son do grupo de tecnificación, con 82 residentes e 14 externos, e 61 do de rendemento, con 12 residentes e 49 externos.

A repartición por disciplinas no caso da tecnificación é de catro prazas para atletismo, sete para bádminton, oito para judo, nove para loita, sete para natación, sete para natación artística, 23 para piragüismo en augas tranquilas, cinco para piragüismo slálom, catro para remo, oito para taekwondo, oito para triatlon, tres para vela e tres para ximnasia.

En canto a rendemento, concédense dúas prazas para atletismo, catro para bádminton, tres para judo, nove para loita, tres para natación, 25 para piragüismo, dous para remo, seis para taekwondo, unha para triatlon e seis para ximnasia.

Destacan ademais que se contabilizan a maiores 20 prazas destinadas aos compoñentes dos equipos nacionais de piragüismo de kaiak feminino e canoa masculina, que desde 2021 preparan o camiño olímpico cara a París 2024 en Galicia.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE