Scariolo selecciona ao ferrolán Alberto Abalde entre os 16 premundialistas

O ferrolán, que vén de vivir unha tempada de desgustos no seu xogo, é un dos xogadores que poden acudir á cita mundialistas


|

Alberto abalde españa
Alberto Abalde | Foto: EP

 

Non foi, nin moito menos, o curso máis brillante na carreira de Alberto Abalde, aínda que o pechou cunha Supercopa de España e unha Euroliga na súa vitrina. A competencia no Real Madrid é brutal nunha demarcación na que Hezonja ou Musa privan de máis minutos ao beirado, que tamén referiu problemas físicos este ano en máis dunha ocasión. No entanto, iso non impediu que Sergio Scariolo volva confiar nas capacidades do "pequeno" dos Abalde, que agora aspira a ir ao Mundial. 

 

O galego non puido acudir ao pasado europeo por lesión, sendo talvez ese o momento máis amargo de toda a súa carreira. A conquista do título continental foi un fito para o baloncesto español que Abalde tivo que saborear desde a distancia. Con todo, sempre foi un activo moi importante para o seleccionador, que contou con el sempre que tivo ocasión, aínda que fose só para integrar as prelistas.

 

O mesmo estalle sucedendo no Real Madrid, onde asumiu un papel moito máis secundario, até o punto de non contar con minutos na fase final da Euroliga. O seu futuro no equipo de Chus Mateo non está nada claro e desde Madrid valoran a posibilidade de, neste proceso de reestruturación do proxecto -Ádám Hanga, Anthony Randolph ou Nigel Williams-Goss xa abandonaron o equipo-, sinalarlle a Abalde a porta de saída. 

 

ESPAÑA, A POR A TERCEIRA MACHADA?

España acode ao Mundial de Xapón, Indonesia e Filipinas co claro obxectivo de revalidar o cetro mundial conquistado en 2019. A selección sorprendeu a todos ao conquistar o título en China cun equipo en reconstrución despois da despedida dos irmáns Gasol, entre outros, o que auguraba un proceso de cambio que cristalizou en dous ouros co do EuroBasket. 

 

Abale non é a única teórica sorpresa, xa que en España destacan as chamadas a xogadores como Ricky Rubio, que tampouco viviu a súa tempada máis fácil -o máis pobre en números desde que chegou á NBA- e que cada vez parece máis preto de regresar á ACB. O mesmo ocorre cos irmáns Hernangómez, Willy e Juancho, dos que ninguén dúbida da súa calidade e compromiso pero que están sen equipo nestes momentos. 

 

 

 

Abrines, Aldama, Claver, Brizuela, Alberto Díaz, Jaime Fernández, Rudy, Llull, Garuba, Joel Parra, Jaime Padrilla e Sebas Saiz completan a lista, onde hai ausencias notables como a de Lorenzo Brown, o estadounidense nacionalizado español que tivo un rol fundamental no pasada Euro. 

 

Lorenzo brown
Lorenzo Brown | Foto: EP

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE