A Estación de Manzaneda acollerá este verán eventos deportivos e concertos todos os fins de semana

A actividade deportiva arrincará o primeiro de xullo co enduro Tsunami Manzaneda


|

Manzaneda5
Manzaneda / Foto: Estación de Manzaneda

Tras un inverno de marca no que a Estación de Montaña de Manzaneda puido abrir as súas instalacións nun total de seis fins de semana consecutivos, chega agora a tempada de verán, na que terá lugar unha frenética actividade tanto deportiva como de lecer, ademais dalgunhas novidades no campo da restauración e o aloxamento que se darán a coñecer en breve.

 

A Estación acollerá unha vintena de eventos deportivos e de lecer nas próximas 9 semanas, intensificando a súa aposta pola desestacionalización e afianzando a súa reconversión nun parque multiaventura e multideporte con actividade durante todo o ano.

 

A clave diso está, afirman desde a estación, en aproveitar todas e cada unha das potencialidades cando se baixa o pano da neve e chega o bo tempo. Durante a pasada primavera o calendario de Manzaneda estivo cargado de actividade, entre as que se destacou a Transgalaica, a Endurama ou Extrema Manzaneda, ademais do Raid Moto Turístico, no mes de xuño.

 

Para os meses de xullo e agosto destácanse o enduro Tsunami Manzaneda (o 8 e 9 de agosto), a Copa Federación DH (o 15 de xullo), a Copa de España DH-MINI DH (o 21, 22 e 23 de xullo), a Marcha Ciclista CicloSil (o 12 de agosto), o Gladiator Infantil (o 19 de agosto), o Motosport Campus (o 25, 26 e 27 de agosto) e a Marcha ciclista Federación (3 de setembro).

 

Como complemento lúdico a toda a actividade deportiva atópanse os concertos do ciclo 'Elas cantan', que terán lugar todos os sábados dos meses de xullo e agosto, nos que participarán soamente grupos liderados por mulleres.

 

A todo eles hai que sumar as actividades da propia Estación de Montaña, cun rocódromo infantil, varios campos de paintball, rutas en bicicleta eléctrica ou parques multiaventura para nenos. Complementarán as xa ofertadas o ano pasado: bike park adulto e junior, rutas dacabalo, tiro con arco, tirolina xigante, telesilla turístico ou piscina e circuíto termal.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE