Case 200 participantes disputaron a terceira edición da Xurés Bike Tour

A proba celebrouse os días 17 e 18 de xuño


|

III Xuru00e9s Bike Tour   2
A proba disputouse polos municipos de Bande, Lobios, Muíños e Montalegre / Foto: Inorde

Preto de 200 participantes procedente de 12 provincias españolas e do norte de Portugal protagonizaron este domingo a terceira edición da Xurés Bike Tour, un evento deportivo organizado polo Inorde (Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico), co apoio de Turismo de Galicia.

 

O envento desenvolveuse en tres etapas para mostrar a través do ciclismo de montaña os recursos naturais e patrimoniais dos municipios de Bande, Lobios, Muíños e Montalegre. A proba deu comezo o pasado sábado e terminou o domingo en Muíños, coa entrega de premios, aos que asistiron a xerente de #Inorde, Emma González, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes do Concello de Muíños.

 

Esta proba celebrouse en formato de volta de dous días, dividida en tres etapas, dúas de tipo maratón e unha CRL. Os participantes podían competir de maneira individual ou en parellas.

 

Os gañadores absolutos desta proba foron, na categoría masculina, Javier Cao Costoya; na feminina, Raquel Saqués Salgado, e na modalidade por parellas mixto fixéronse co primeiro posto Santiago Pazos e Silvia Sanz.

 

A provincia de Ourense demostrou, unha vez máis, que se trata do escenario idóneo para acoller probas deportivas nas que se contribúe á dinamización social e económica dos municipios polos que transita.

 

Este tipo de eventos non están soamente pensados con fins deportivos, segundo asegura Inorde, senón que alargan a estancia dos turistas que visitan Ourense e permítelles recoñecer os seus principais recursos.

 

III Xuru00e9s Bike Tour   1
III Xurés Bike Tour / Foto: Inorde
As ETAPAS

A primeira etapa da competición tivo unha distancia de 38 quilómetros, que deron comezo na praza do Concello de Bande, con 900 metros de desnivel positivo.

 

A segunda, celebrada o sábado pola tarde, contou cun tramo de 9 quilómetros, unha cronoescalada con saídas cada minuto. A saída foi desde Lobios e chegou á parroquia de Saa.

 

Finalmente, a terceira etapa, que se disputou este domingo, tivo a saída e chegada no Complexo de Corgo, cun percorrido de 62 quilómetros e un desnivel positivo de 1.500 metros, que levou aos deportistas por zonas de gran valor natural e patrimonial como Maus de Salas, Pitoes dás Junias ou Tourem. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE