Dimisión en bloque na cúpula do Deportivo da Coruña e Rubén da Barreira tampouco segue

O fracaso da derrota ante o Castelló leva ao club branquiazul a un novo escenario, máis incerto aínda no plano institucional.


|

Deportivo
Foto: RC Deportivo

 

Tempos de escuridade total e tebras no Real Club Deportivo da Coruña. Unha entidade centenario que hoxe vive o seu momento máis desesperado tanto a nivel deportivo como institucional. A derrota do domingo en Castalia privou aos herculinos de pelexar pola promoción a Segunda División e abócaos, por cuarto ano, á división de bronce do fútbol nacional. Isto sucede nun momento no que os seus veciños de Ferrol vive unha situación radicalmente distinta, coas contas saneadas e cunha xestión impoluta desde a chegada do Grupo Elite ao palco da Malta. A outra cara da moeda é o palco de Riazor, que queda completamente buxán.

 

 

 

O Consello de Administración do Dépor presentou a súa dimisión en bloque. Incapaces de reflotar un club endebedado e en mans de Abanca, a cúpula deportivista abandona o barco mentres o banqueiro Juan Carlos Escotet medita a mellor fórmula para meterlle un tijeretazo á entidade, un dos orzamentos máis altos de Primeira RFEF pero cunha débeda por encima dos 50 millóns. Á fronte da desbandada está Antonio Couceiro, cuarto presidente do Deportivo nos últimos catro anos tras a saída de Vidal. 

 

Xunto co Consello de Administración enfila a porta de saída Rubén da Barreira, que pecha de forma abrupta a súa segunda etapa no club dos seus amores. O técnico chegou en substitución de Cano, ao que se lle caeu por completo o equipo na segunda volta. O desastre defensivo dos seus en Castelló deixaron en evidencia as carencias do equipo, no durou apenas un mes. O técnico coruñés tampouco as tiña todas consigo ao ver a inestabilidade imperante nos branquiazuis, obrigados a acometer unha profundísima reeestructuración.

 

 

 

De feito, agora mesmo está en cuestión a viabilidade do club, á espera de saber que dirá Escotet. "O Consello decidiu convocar unha Xunta de Accionistas para o día 17 de xullo na que se nomeará un novo Consello. Á fronte do Club estará David Villasuso Castiñeiro, como apoderado xeral", informa o Deportivo no comunicado dos cesamentos.

 

Ao tempo, na nota aproveitan para "desmentir que vaia incorporar a ningún dos teóricos nomes que saíron repetidamente nos medios de comunicación como candidatos a dirixir a área deportiva". "Nos próximos días tomarase a decisión definitiva", conclúe o escrito. 

FyZzUxyWAAAerVm
Foto: RC Deportivo

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE