O Celta de Vigo se salva na última xornada derrotando ao campión da liga o Fútbol Club Barcelona

Alegría desatada no estadio municipal de Balaídos tras unha abagónica recta final de tempada, que sementa dúbidas sobre como encarar o próximo campionato, pois as expectativas para este ano eran maiores que salvar in extremis.


|

O partido xogouse hoxe domingo 4 de xuño ás 21:00 horas no Estadio Abanca Balaídos. O Celta gañou 2-1 ao Barcelona cun dobrete de Gabri Veiga que salvou ao equipo galego.

 

 

 

O Celta golpeou primeiro grazas un roubo de balón no medio do campo. Isto permitiu aos galegos asentar despois dun susto pouco despois do inicio do encontro cando o Fútbol Club Barcelona marcou un gol tras un mal despexe da defensa olímpica pero que finalmente foi  anulado por fóra de xogo.

 

O segundo gol chegou a unha segunda parte grazas a un centro do centrocampista galego que se envenenó até coar polo segundo pau. Os campións de Laliga reaccionaron na recta final cun gol de cabeza grazas a un gran centro desde a banda dereita, rematado de socato.

 

O Celta conserva a categoría por duodécimo ano consecutivo aínda que foi unha tempada moi sufrida con moitos altibaixos. O último posto de descenso ocúpao finalmente o Real Valladolid que non conseguiu gañar no seu estadio.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE