Moyano, o primeiro en abrir a operación desbandada no CD Lugo

Só sete futbolistas do primeiro equipo teñen un contrato que os vincula co Lugo máis aló de xuño de 2023. 


|

Cd lugo
Foto: CD Lugo

 

O Anxo Carro viviu o pasado sábado o seu último partido en Segunda División despois de máis dunha década de fútbol de prata. Na entidade albivermella teñen por diante un longo proceso de reestruturación que pode pasar por todos os elos do club: desde a elección dun novo adestrador até un cambio na propiedade, pasando por un novo director deportivo para a confección do equipo que arrincará o ano que vén en Primeira RFEF. Non será pouco traballo, xa que o persoal do Lugo, como a súa primeira indumentaria no ano de descenso, quedará a cadros. 

 

Sebas Moyano, do pouco aproveitable nesta nefasta campaña, é o primeiro en facer as maletas. O futbolista abandona a disciplina lucense para enrolar nas filas de Real Oviedo, onde se atopará a un vello coñecido como Hugo Rama

 

SÓ SETE CON CONTRATO

É a primeira saída confirmada nun persoal que se desintegrará case por completo e ao que hai que engadir outro adeus case confirmados como o de Xavi Torres -inhabilitado por amaños e enfrontado con parte das bancadas- ou Manu Barreiro, os máis veteranos da escuadra luguesa. 

 

Zé Ricardo, Caveira, Loureiro, Clavería e Carbó son os únicos con contrato até 2024; Sequeira e Baena teñen contrato até 2025. A pesar de todo, é posible que no momento da súa fichaxe incluísen clausulas liberatorias en caso de descenso. De feito, algunhas informacións apuntan a que só Loureiro non quedaría libre de buscar novo equipo en caso de descenso. Os demais teñen unha vinculación co Lugo que os ata até o 30 xuño deste 2023, polo que a gran maioría buscarán novos retos nunha categoría mellor que a división de bronce do fútbol nacional. 

 

Na lista de presumibles baixas hai futbolistas cunha destacada traxectoria en Segunda e con cartel, como o cérbero Óscar Whalley, dos poucos que deron un bo nivel nos últimos tempos, Juanpe, ou os dianteiros Scepovic e Joselu, que non tiveron nin a participación nin o rendemento esperado, por un motivo ou outro. O verán nas oficinas do Anxo Carro vai ser moi movido e o fax terá que ter unha boa conexión para os contratos que se van a asinar. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE