Denuncian que non deixan adestrar a mulleres en top en Balaídos e o Concello de Vigo alega que foi un malentendido
Nova polémica pola indumentaria dos deportistas nas instalacións públicas olívicas. Un asunto que xa provocou no pasado que os homes -que non poden adestrar a peito aberto- acabasen adestrando con tops femininos, como o que onte provocou o conflito.
David Gómez Martínez, un dos atletas máis laureados de Galicia, alertou onte dunha pugna pola indumentaria das deportistas nas instalacións municipais de atletismo de Balaídos. Segundo publicou, un trabajadador mandou a unha atleta pór unha camiseta. "Vese que agora tamén é indicente adestrar en Top", indica nunha mensaxe.
A súa denuncia gañou un relevante eco en redes sociais rapidamente, con ducias de deportistas -homes e mulleres- criticando ao Concello de Vigo e relatando casos similares noutras instalacións públicas. "Talibán", "Idade Media" son algúns dos termos empregados.
RESPOSTA MUNICIPAL
Consultado por Galiciapress , o Concello de Vigo quita ferro ao asunto. Portavoces oficiais indicaron que foi un "malentendido" e que o conflito, que existiu, debeuse a unha mala interpretación das normas que se liquidou alí mesmo, pouco despois.
O sucedido non pasaría de anécdota de non ser porque chove sobre mollado. De feito, en 2022 a Policía Local identificou a un deportista nesas pistas no medio do que se chamou "a revolta do top".
As normas de Balaídos indican que tanto homes como mulleres deben practicar co peito cuberto. Algo que provocou tensións cos homes que, no verán, sacábanse a camiseta para transpirar mellor. Ao parecer, a unha das nais que leva aos seus fillos ás escolas de atletismo non lle pareceu ben e protestou.
O conflito foi escalando -e a tensión cos ujieres- ata que varias ducias de homes atletas decidiron adestrar en tops femininos. Mesmo tipo de roupa que onte un traballador considerou inadeucado, polo menos inicialmente, ante a sorpresa de Gómez e outros deportistas.
PORQUÉ As MULLERES DEBEN TAPAR O PEITO E Os HOMES NON?
De fondo, está o debate social sobre a indumentaria feminina en instalacións deportivas. Por exemplo, en case todas as piscinas públicas de Galicia as mulleres non poden nadar co peito ao aire, o que si poden facer os homes.
Recentemente, o asunto cobrou certa relevancia internacional ao saber que as autoridades locais de Berlin deran o seu brazo a torcer e, finalmente, permitirán moi pronto que as mulleres vaian en topless nas piscinas.
Unha pugna social que ilustrou a artista Rigoberta Bandini cando compuxo aquilo de "non sei por que dan tanto medo as nosas tetas, sen elas non habería humanidade nin habería beleza" e abriuse, precisamente, o top:
Escribe o teu comentario