Santa Marta, en Santiago, estreará zona deportiva cun innovador pumptrack para deportes como unha seda
Un pumptrack é unha pista deseñada para bicicletas, patinetas, patíns ou outros deportes con rodas. A característica principal do pumptrack é que está composta por unha serie de curvas e peraltes (elevacións nas curvas) que permiten aos usuarios manter o impulso e a velocidade sen ter que pedalear ou empuxar. Os usuarios poden "bombear" (facer movementos rítmicos co corpo) nas elevacións para manter a súa velocidade e percorrer todo o circuíto. O pumptrack é un deporte que se volveu moi popular nos últimos anos.
No pumptrack de pode practicar tanto de forma individual como en grupo, e é axeitado para unha ampla variedade de idades e niveis de habilidade. Os usuarios poden usar bicicletas de montaña, BMX, patinetas, patíns en liña ou case calquera outro vehículo con rodas.

A nova zona deportiva de usos múltiples no barrio de Santa Marta de Compostela, na rúa Emilia Pardo Bazán, está próxima á súa finalización e apertura ao público. Apenas quedan por terminar labores menores como parte do axardinamento e a finalización da pista de skateboard.
Os responsables do Concello de Santiago que visitaron hoxe a instalación explican que se destinaron máis de 130.000 euros á reforma integral do espazo, creando un parque urbano con pista de skate modernizada, cancha de voleibol e un pumptrack.
Parte foi para a renovación do skate park, que se atopa baixo o novo espazo. A concelleira Mila Castro, detalla que os traballos alí consistiron ben reparar e actualizar a xa obsoleta pista , crear novas ramplas de e deseñar unha nova pista de patinetas cun trazado e obstáculos diferentes.
O investimento na cancha de voleibol lanzouse considerando a gran cantidade de usuarios que adoitan instalar as súas propias redes de voleibol para xogar na cancha, ao mesmo tempo que se considera que se trata dunha comunidade de deportistas que se desenvolveu é propia e seguirá crecendo, e como tal necesita zonas propias.
Por outra banda, o pumptrack deseñado pola empresa galega especializada nestas pistas Bicicultura conta con 3 rectas e 6 curvas.
Algúns usuarios poden utilizar o pumptrack como un circuíto de adestramento para mellorar a súa técnica e habilidade no manexo da súa bicicleta, patineta ou patíns. Outros poden simplemente gozar da emoción e a adrenalina que provén de percorrer o circuíto. Ademais, o pumptrack tamén se pode utilizar como unha actividade recreativa para toda a familia.
Escribe o teu comentario