Tuxeleires Rugby organiza unha xornada de rubgy inclusivo en Compostela
Será o vindeiro domingo a partir das 11:30 horas no Campo de Fútbol de Belvís
O vindeiro domingo, 5 de marzo, a partir das 11:30 horas e até as 14:00 no Campo de Fútbol de Belvís e cun terceiro tempo no Centro Don Bosco, terá lugar a quinta xornada de Rugby Inclusivo, da man do equipo de rugby Tuxeleires.
Durante esta xornada realizaranse diferentes actividades e xogos co rugby, empregando o #MixedAbilityRugby, é dicir, promovendo un modelo de participación no que todo xogador e xogadora sexa igual no xogo. Considerarase a calidade relacional das persoas e ofrecerá un espazo seguro de actividade deportiva onde se controle o nivel de contacto para minimizar o risco de lesión.
As prazas serán limitadar, polo que desde o Centro Xuvenil Don Bosco recomendaron apuntar canto antes, a través dun formulario, vía telefónica ou por WhatsApp ao teléfono 711 701 030, ou por correo electrónico a tuxeleiresrugbi@gmail.com.
Escribe o teu comentario