Jonathan Barreiro, a repetir a xesta de Unicaja co Madrid: "Hai que rozar a excelencia como contra o Barça"

Ás portas dunhas semifinais históricas para o Unicaja Málaga, Jonathan Barreiro explica as claves do choque ante o Madrid, onde a afección será imprescindible para a vitoria.

 


|

Ás portas dunhas semifinais históricas para o Unicaja Málaga, Jonathan Barreiro explica as claves do choque ante o Madrid, onde a afección será imprescindible para a vitoria. 

 

"Xa que estamos aquí temos que esforzarnos por esta camiseta que se merece estar o máis arriba posible e darlle o que se merece a esta afección e que goce vendo ao seu equipo na pista", di o galego.

 

Jonathan barreiro acb
Foto: ACB

 

Sen tempo para saborear un triunfo histórico, o Unicaja Málaga atópase preparando xa o partido de semifinais da Copa do Rei ante o Real Madrid. Os andaluces levaron onte a vitoria na prórroga ante o Barça, protagonizando a sorpresa do torneo ao superar ao gañador das últimas dúas edicións e campión en catro das últimas cinco. Os malagueños plántanse en semis e esperan seguir avanzando como xa fixeron en 2020, cando caeron ante os brancos, que agora se presentan no penultimo chanzo antes de acariñar o título.

 

Antes do partido decisivo de mañá ás 18:30 horas en Badalona, saíu a atender aos medios o galego Jonathan Barreiro, un dos xogadores con máis fame de final. O de Cerceda quere o seu primeiro título profesional e está disposto a todo, mesmo a xogar un papel discreto como onte, cando actuou como escudeiro nun elenco coral pero sobre o que brillou Brizuela por encima de todos, acompañado por uns inspirados Perry e Kalinoski na anotación.

 

O galego centrouse na defensa, capturando catro rebotes e bailando coa máis fea. Nos seus case 14 minutos en pista foi un tormento para Kalinic, que non puido despregar o seu xogo coa sombra de Barreiro sempre encima. Ante o Madrid terá que redobrar esforzos. "Sempre tes que estar preparado para o que che pida o adestrador. Onte tocoume con Kalinic, o Real Madrid ten a Deck, Hezonja... xogadores de moito talento. Prepárome para dar o 100% sempre ao equipo, a conseguir a vitoria e o que me pidan na pista", testemuñou.  

 

"Tanto Barça como Madrid son dos mellores equipos da liga, para gañarlles hai que facer un partido case rozando a excelencia como fixemos onte. Así que nos espera un partido moi duro moi físico ante un gran rival. A tentalo, a loitalo e a conseguir a vitoria", valorou o galego, que puxo de manifesto a importancia de contar co alento da afección malagueña.

 

"Este equipo é ambicioso e demostrouno todo o ano e xa estamos mentalizados. Onte cando acabou o parrido, celebrámolo no vestiario pero somos concientes de que mañá temos outro partido importante", amornou o de Cerceda. De feito, esta tempada está a ser especialmente dura para el, xa que baixou varios banzos no esquema de Ibon Navarro. No entanto, iso non lle impediu formar parte da partida na última convocatoria da Selección Española de basket, formando parte da lista de Scariolo xunto ao seu compañeiro Alberto Díaz. 

 

"Xa que estamos aquí temos que esforzarnos por esta camiseta que se merece estar o máis arriba posible e darlle o que se merece a esta afección e que goce vendo ao seu equipo na pista. Oxalá lles regalemos unha vitoria", concluíu. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE