O Rally Dakar 2023 deu comezo con 11 quilómetros de prólogo

O prólogo desta edición do Rally Dakar foi para Ekstrom


|

EuropaPress 4895643 204 peterhansel stephane fra boulanger edouard fra team audi sport audi rs
O Rally Dakar 2023 deu comezo hoxe con 11 quilómetros de prólogo / Foto: @EP

Este sábado deu comezo a 45ª edición do Dakar que se celebra, por cuarta vez consecutiva en Arabia Saudi. Este 31 de decembro tivo lugar a etapa prólogo do Rally ao redor do Sexa Camp. Durante esta edición tomarán saída un total de 119 españois. Entre eles, Carlos Sainz, Joan Barreda, Laia Sanz e Isidre Esteve.

 

Esta primeira etapa de prólogo consta de 11 quilómetros, polos que pasarán hoxe os pilotos e será determinante para coñecer a orde de saída da primeira etapa. Este ano 2023 implantáronse novas melloras no Rally Dakar, especialmente na catergoría de motos, evitando así confusións cos 'waypoints' como se produciu o ano pasado.

 

Ao redor das 11:00 desta mañá chegaban a meta todos os coches da categoría T1. O prólogo do Rally Dakar 2023 foi para Ekstrom, cun segundo de vantaxe sobre Sébastien Loeb e 11 sobre Peterhansel. O español Carlos Sainz terminou en sexta posición.

 

En motos , Toby Price foi o máis rápido. Este fora e campión en 2016 e 2018 e obtivo neste prólogo unha vantaxe dun segundo respecto da Sanders, que obtivo o segundo posto.

 

O Rally continuará este domingo, 1 de xaneiro, coa primeira etapa, que conta cun percorrido de 603 quilómetros.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE