A UEFA impide a Maxi Gómez regresar ao Celta de Vigo

As normativas do ente europeo impiden que Maxi poida xogar co Celta de Vigo no presente curso.

 


|

As normativas do ente europeo impiden que Maxi poida xogar co Celta de Vigo no presente curso.

 

Aínda que o seu regreso a Balaídos podería dar de face á próxima tempada, haberá que esperar a xuño para poder negociar por el. 

 

Maxi gomez
Foto: RC Celta

 

Na historia recente do Celta de Vigo as fichaxes na parcela ofensiva móvense entre a fama e a calamidade. Ao primeiro escalafón pertencen Nolito, Larrivey, Orellana...futbolistas que deron moi bo rendemento na súa etapa como celestes. No segundo atopamos nomes como Facundo Ferreyra, Smolov ou 'Toro' Fernández. Con este último tentouse repetir a fórmula que utilizou o Celta con Maxi Gómez, un nove lembrado pola súa efectividade en Balaídos e por deixar unha moi boa suma en caixa. Lonxe de Vigo o seu rendemento decaeu e agora, en Turquía , anela con volver á que foi a súa casa...pero non poderá ser.

 

Algúns medios situaban ao Celta detrás da pista do charrúa en xaneiro. A súa etapa na cidade olívica foi sensacional, sendo en só dúas tempada o mellor complemento que tivo Iago Aspas e capaz de alcanzar as 30 dianas dous cursos completos. O seu bos número levárono a dar o salto a Valencia , con Santi Mina involucrado na operación, pero a beiras do Turia nunca recuperou as sensacións dos seus anos en Galicia. 

 

Dez, sete e cinco foron os seus goles ao longo de tres tempadas, números moi afastados dos que demostrou desde a súa chegada á liga. Sen entrar nos plans de Gattuso, este verán fixo as maletas ao Trabzonspor, acutal campión do campionato turco. Pero tampouco no cadro otomán está a gozar de oportunidades, polo que se especula co seu regreso a Vigo para relanzar a súa carreira.

 

No entanto, non poderá ser. A normativa actual impide a un futbolista xogar con tres equipos europeos distintos ao longo dunha mesma tempada, e Maxi xa vestiu a camiseta do Trabzonspor e a Valencia, co que xogou tres partidos antes de abandonar o conxunto ché. O Celta non poderá lanzar por el en xaneiro e Maxi terá que, ben ou buscar un equipo en Sudamérica ou Asia para dispor de minutos, ou ben pelexar por un oco no seu actual club e esperar a verán para tentar unha segunda etapa en Vigo. Din que segundas partes nunca foron boas, e a UEFA pode impedilo...por agora. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE