Iván Merichal proclámase gañador do Campionato galego de Raids
Despois de #haber subido ao podio en todas as probas do campionato, organizado por Adventure Galicia, Merichal obtivo finalmente a medalla de ouro no campionato
O mosteiro de Xunqueira de Espadañedo presenciou onte a saída de decenas de pilotos que disputaban a última proba do Campionato galego de Raids organizado por Adventure Galicia, que constou de máis de 200 quilómetros.
Merichal sería o primeiro en saír, baixo a súa condición de líder, abrindo pista nunha xélida mañá que se convertería nunha marabillosa e sollía xornada de navegación.
O ouro foi adxudicado para Javier Campos, da Estrada, seguido dunha prata e un bronce para Jacobo Bastos e Iván Merichal, respectivamente. Tanto Javier como Iván viñan de conseguir a súa clasificación para o Rally Dakar 2024 no Rally de Marrocos e demostraron con este podio o seu espléndido estado de forma.
Iván Merichal, natural de Oleiros, proclamouse gañador do Adventure Galicia, despois de subir ao podio en todas as probas do campionato. O alcalde de Xunqueira de Espadañedo, Carlos Gómez, foi o encargado da entregar os trofeos aos gañadores: Merichal (primeiro), Jesús Silva (segundo) e Pablo Pillado (terceiro).
O campionato, organizado por Adventure Galicia, demostrou un altísimo nivel de calidade na súa proposta. Os roadbooks foron encomiados por todos os pilotos, entre os qu atópanse numerosos dakarianos. Joan Pedrero, Javi Veiga ou Eduardo Iglesias pasaron este ano polo campionato. Todos eles destacan a dificultade e o nivel de navegación do mesmo.
Escribe o teu comentario