Golpe de sorte para o Deportivo no final do xogo

O Deportivo da Coruña pode respirar tranquilo despois do 1-2 de hoxe contra o Alxeciras, tras un inicio de liga cheo de incertumbre


|

Deportivo algeciras
Un fose de xogo do Alxeciras salva ao Deportivo dun empate / Foto: @riazororg

O Real Club Deportivo da Coruña proclamouse hoxe gañador en Alxeciras, despois dun 1-2 en casa dos andaluces. Esta vitoria supón unha sensación de respiro para o equipo coruñés, despois de ter un inicio de liga chego de incertidubres e altibaixos.

 

O Dépor empezou con sorte, pois xa nos primeiros minutos do partido o seu primeiro disparo a portaría converteuse no seu primeiro gol. E isto mantívose até a media hora. No medio de xogadas tensas e frenéticas. Os coruñeses tentaron marcar outro tanto, pero acaba no pau. E, finalmente, grazas ao rexeite, no minuto 36, os locais puideron esta vez marcar. Unha xogada moi polémica, pois o árbitro non pitou penalta á patada de Albarrán, que fixo saltar a Mario Soriano polo aire.

 

O segundo tempo empezou con ganas de levar os tres puntos por parte dos dous equipos. E aquí foi cando a sorte chamou ao Deportivo da Coruña. Soriano sería o que pintaría o marcado cun 1-2, despois dunha explosiva chegada á área de Víctor Narro.

 

A polémica volveu chegar no minuto 95. Unai Veiga marca nun moi axustado fóra de xogo para o Alxeciras, que o árbitro pitou, convertendo esta en a súa segunda decisión polémica do partido. O último golpe de sorte para o Deportivo que o levou á vitoria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE