Un penalti leva ao Celta ao empate en Balaídos

Aspas e Paciência conseguiron os dous tantos para o equipo vigués nun partido que parecía gañado. Pero un penalti a favor do Espanyol levou ao Celta ao empate.


|

FaDewsSXgAEjFo1
Paciência e Aspas puxeron ao Celta por encima do Espanyol, pero a súa vantaxe viuse truncada nos últimos minutos da partido / Foto: @RCCelta 

O Real Club Celta de Vigo e o Real Club Deportivo Espanyol disputaron hoxe a primeira xornada de LaLiga Santander en Balaídos, que resultou nun trepidante empate producido durante os últimos minutos de xogo.

 

Os primeiros minutos do partido foron complicados para o Celta, xa que foi o Espanyol quen dominou o balón a maior parte do tempo. O partido transcorreu con tranquilidade ata o minuto 14, cando o árbitro sacou tarxeta amarela para Hugo Mallo, a primeira amoestación do partido, por un golpe do local na cara de Brian Oliván.

 

Con todo, a partir dese momento o Celta conseguiu o dominio do balón e parece que comezou entón a súa remontada. A primeira ocasión para o celta chegou no minuto 20, cando Iago Aspas entrou na área e disparou, pero este foi demasiado alto.

 

Despois dun disparo coa zurda por parte de Brian Oliván, do conxunto catalán, chega o Celta no desconto da primeira parte co seu primeiro gol do partido. Iago Aspas puxo na cabeza ao conxunto celeste, que puido comezar a segunda metade do partido con mellor pé.

 

O club vigués comezou a segunda parte cunha maior posesión do balón, pois empezaba a parecer buscar o segundo gol, mentres que aos xogadores do Espanyol custáballes manter a pelota. E, definitivamente, o segundo gol non tardou en chegar. A nova fichaxe do conxunto vigués, Gonçalo Paciência, rematou de cabeza, deixando ao Espanyol máis lonxe da vitoria.

 

Pouco despois de que Paciência fose mandado ao banco, chegou a remontada do conxunto catalán: Edu Exposito marca gol despois dun pase de Aidoo. Achegándose xa o final do partido, Exposito volveu tentar, coa intención de levar ao Espanyol ao empate, pero o balón foise por encima do traveseiro.

 

Achegándose xa o final do partido, o Celta non parecía estar a sufrir, xa que mantivo o balón a maior parte do tempo. Ao Espanyol acabábaselle o tempo e as posibilidades de remontada eran poucas.

 

Comezou o desconto en Balaídos e un plantillazo de Galán levou a Joselu a prepararse para un penalti, que lle fixo finalmente marcar o gol do empate.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE