Últimos retoques para poñer a punto outra edición de Ou Marisquiño, que comeza este xoves

A XXII edición do festival da cultura urbana Ou Marisquiño comezará este xoves, día 11 de agosto, coa celebración do Family Day, polo que os organizadores xa están a ultimar a construción das súas infraestruturas.


|

O festival de música, deporte e cultura urbana en xeral arrinca este xoves 11 de agosto en Vigo, despois dunha longo tira e afrouxa e o temor a que a organización llo leva a outra cidade.

 

Será a XXII Edición de Ou Marisquiño, que volve ao grande tras dous anos de pandemia e con actuacións e eventos para todos os públicos. 

 

Construción das instalacións de Ou Marisquiño.
Foto: EP

 

A XXII edición do festival da cultura urbana Ou Marisquiño comezará este xoves, día 11 de agosto, coa celebración do Family Day, polo que os organizadores xa están a ultimar a construción das súas infraestruturas.

Será a partir do venres 12 cando se iniciarán as competicións, que este ano terán lugar en varios escenarios da cidade de Vigo, como o Centro Comercial Vialia, a praia de Samil ou polo seu posto a zona do Porto de Vigo e As Avenidas.

 

DEPORTE EN VIGO

Deportes de acción como o Skate, Dirt Jump, BMX ou o MTB Downtown combínanse nesta edición con outras disciplinas da cultura urbana como o Break-Dance ou o grafiti e coa música que volve estar presente no evento tras a paréntese de tres anos pola pandemia. O único que non cambia é o carácter gratuíto de todas as actividades do festival.

O xoves será a quenda para os máis pequenos, que poderán gozar dunha serie de talleres para aprender máis sobre os seus deportes favoritos e visitar os escenarios nos que, ao día seguinte, participarán os mellores deportistas.

 

A ELITE NO 'MARIS'

E é que Ou Marisquiño volverá contar cunha longa lista de deportistas internacionais de alto nivel como o subcampión olímpico de BMX Daniel Dhers, os skaters Angelo Caro (finalista en Tokyo 2021), Ivan Monteiro, Danny León, a rider colombiana Queen Saray ou a skater arxentina Aldana Beltrán.

Precisamente este luns, o delegado de Estado da Zona Franca de Vigo, David Regades, visitou os escenarios de Ou Marisquiño, onde se están realizando os últimos retoques para a edición deste ano. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE