Gonçalo Paciência, preto de pechar a súa etapa en Frankfurt para fichar polo Celta

O portugués Gonçalo Paciência acaba de pechar a súa fichaxe co RC Celta acompañando así, como dianteiro, a Iago Aspas.


|

FY3GLFjXEAAnX M
O xogador portugués Gonçalo Paciência, a piques de fichar polo RC Celta / Foto: @gpaciencia9

Tras máis de tres tempadas no club alemán Eintracht de Frankfurt, o dianteiro portugués Gonçalo Paciência está a piques de incorporarse ao persoal do equipo olívico, cubrindo así a posición que o Celta tiña vacante no seu persoal.

 

Esta nova fichaxe axudaría a emendar a carencia no persoal. Está previsto que nas próximas horas o xogador pase o recoñecemento médico para poder adestrar canto antes cos seus novos compañeiros. O xogador podería pois debutar co club vigués xa este sábado no Trofeo Memorial Quinocho, xogando contra o saudita Ao-Shabad.

 

CAMPIÓN DE EUROPA

Paciência comezou a xogar no Eintracht Frankfurt no ano 2018 e fixo o seu debut na Bundesliga en 2019 tras recuperarse dunha rotura de menisco. En maio de 2022 gañou co seu equipo a final da Europa League contra o Glasgow Rangers. Agora, pechou xa o seu ciclo co club alemán, co que nun principio tiña asinado un ano máis, ata 2023 e, segundo afirman varios medios, podería asinar un contrato en Balaídos ata o ano 2025.

 

Con esta incorporación ao club, o Celta alcanzaría a cifra de oito fichaxes que tiña proposto o seu presidente Carlos Mouriño para este mercado, aínda que non descartou nunha comparecencia o pasado luns fichar a dous xogadores máis, dependendo, afirma, "da posición esconómica respecto ao tope salarial que impón a liga".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE