Noel López: a elección de ser un peixe pequeno nun gran estanque antes que un peixe gordo nunha charca

É difícil saber que primou na decisión do galego: se o pau dun novo tropezón deportivo, se a oportunidade de chegar a un xigante como o Real Madrid, se os aspectos económicos...


|

Peter, Gudjhonsen, Óscar Aranda ou Latasa córtanlle o paso a Noel, recentemente chegado ao Real Madrid Castela, que terá difícil o seu encaixe no esquema de Raúl González Blanco. 

 

Os precedentes de futbolistas como Bicho ou Pinchi, chamados a triunfar polo seu talento, non son moi alentadores para a expectativa de Noel. 

 

Noel
Noel | Foto: RC Deportivo

Hai eleccións na vida que non son fáciles. A de Noel López, perla da canteira deportivista e flamante fichaxe del Real Madrid, non o foi. É difícil saber que primou na decisión do galego: se o pau dun novo tropezón deportivo, se a oportunidade de chegar a un xigante como o Real Madrid, se os aspectos económicos... Todos eles son motivos de peso, pero o certo é que cambiar A Coruña pola capital podería non ser a mellor das ideas. 

 

Deixar de ser "o neno bonito" de toda unha cidade a un máis entre decenas de competidores por un posto na elite, para un equipo que non destaca precisamente por mirar á súa canteira nos últimos anos é unha decisión, canto menos, arriscada. 

 

UNHA PROMESA MÁIS

De feito, Noel terá difícil incluso o seu encaixe no Castela de Raúl. Se miramos ao ataque do histórico '7' do Madrid, atopamos a Latasa, o seu nove estrela e referente, autor de 13 goles a campaña pasada e inamovible no seu esquema. Ao tempo, vemos a perlas como Gudjhonsen e Peter, dous futbolistas con proxección internacional e que mesmo aparecen nas quinielas para reforzar a equipos dunha categoría superior, algo que beneficiaría ao de Silleda.

 

Por detrás veñen xogadores como Óscar Aranda, Salazar e Álvaro Daniel, tamén futbolistas de ataque, que aínda non se asentaron no B pero sobre os que o club ten depositadas moitas esperanzas. Alixeirar a nómina de futbolistas de ataque en 'A Fábrica' podería abrirlle a porta a Noel.

 

MALOS PRECEDENTES

Pola outra banda, a hemeroteca non deixan en moi bo lugar aos futbolistas que voan do niño antes de tempo. Hai algúns precedentes nada alentadores, como o de Guillermo Bo, da mesma quinta de Noel e cuxa experiencia no Borussia de Dortmund non está a resultar tan satisfactoria como cabería esperar, pasando desapercibido para o primeiro equipo alemán. 

 

Xa en España, Bicho ou Pinchi caeron encandeados nos cantos de sirena de Barça e Atlético de Madrid, respectivamente. Ningún tivo o percorrido que se lle aventuraba e ningún gozou de oportunidades no Camp Nou nin no Wanda. Agora penan en equipos de Segunda ou categorías inferiores, sen dispoñer do protagonismo que cabería esperar para dous talentos do Deportivo da Coruña aos que talvez lles faltaron uns minutitos máis como branquiazuis antes de lanzarse a obxectivos máis altos. Que non lles pase como a Ícaro, que por querer chegar ao sol...

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE