Volve Boyanka Kostova cun novo disco debaixo do brazo e co seu primeiro e makinero adianto
A posta de longo de 'X', novo álbum de dúo picheleiro, comeza coa publicación de 'Trae ese cú'.
Chicho e Cibrán; Cibrán e Chicho, de novo en acción. Boyanka Kostova volve á carga cun novo álbum para arrincar este 2026 onde o dúo celebra dez anos de música. Como non podía ser doutra forma, o novo disco levará por título 'X', toda unha declaración de intencións para festexar esta década de sons bailongos, desacomplejados e experimentais, que veñen acompañados dun lanzamento que non deixará a ninguén indiferente.
"HITS IMPEPINABLES"
Trátase de 'Trae ese cú', o adianto deste novo traballo que moi pronto verá a luz e que se presenta cun videoclip ao máis puro estilo Boyanka, coa mesma enerxía coa que unha profesional búlgara da halterofilia levantaba pesos para, máis tarde, dar nome a este proxecto musical que xa ten dous díxitos no seu percorrido.
Non será até primavera cando a parella descubra todas as cartas que esconden baixo a manga, deixando ver leste as co que se presentan ao público, sen renunciar aos ritmos urbanos pero, agora, retumbando os altofalantes cun son máis próximo á música electrónica e menos cachondo, pero igual de vándalo e provocador nas súas letras.
De feito, sexa a quen sexa que vai dirixida a canción, o mellor é que se esconda o mellor posible, porque Boyanka Kostova vai a por el, buscando saldar unha débeda neste primeiro adianto tan rompedor como agresivo, talvez preparando a pista para, como anuncian, "unha ristra de hits impepinables" que chegarán na primavera.
Escribe o teu comentario