Ultraligera, último gran fichaxe dun Caudal Fest 2026 cun cartel que segue crecendo

O festival lucense incorpora a unha das bandas máis demandadas polo gran público para o próximo ano.


|

Unnamed (65)
Foto: Caudal Fest

 

Había que ter bo ollo, pero podía sacar. As juguetonas mentes da xente detrás das contas en redes sociais do Caudal Fest sacaron onte unha sopa de letras onde podiamos atopar algunha pista sobre o gran anuncio que tiñan preparado para esta mañá. Nese revoltijo de letras podemos ver "foca", "Madrid", "baile"...indicios que apuntaban, como non podía ser doutra forma, a Ultraligera.

 

ULTRALIGERA, COA A LOVE YOU, INAZIO, SILOÉ, BARRY B...

Efectivamente, como indicaban as pescudas, a banda madrileña, unha das máis puxantes da escena nacional nestes momentos, aterrará nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o próximo verán, do 18 ao 19 de setembro, datas nas que se celebrará a última gran festa do verán nas VIII Edición do Caudal Fest.

 

"Ultraligera non quere perder a última gran festa do verán e confirma a súa participación", celebraban esta mañá os promotores da cita ao descubrir o último gran nome dun cartel ao que aínda quedan moitas confirmacións gardadas baixo a manga. 

 

Unnamed (66)

 

Non estarán sós os de Ultraligera, pois Lori Meyers, Siloé, A A Love You, Sanuijuelas do Guadiana, Besmaya, Pignoise ou Sexy Zebras tamén foron confirmados nunha programación onde atopamos outros nomes propios como Barry B, Anni B Sweet ou Inazio. Coa promesa de ir mostrando as súas cartas nos próximos días, desde o Caudal lembran aos fans que xa están á venda os abonos para a súa próxima edición, aínda que cada vez queda menos papel despois de que as dúas primeiras remesas bolasen do despacho de billetes en tempo marca. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE