Que pobo sucederá a Ribadavia nas luces de Ferrero Rocher? A Guarda presenta a súa candidatura en 2025
A campaña 'Xuntos Brillamos Máis' logra un arranque explosivo con 200.000 apoios en nove días
Máis de 200.000 persoas votaron na duodécima edición de Xuntos Brillamos Máis, superando en só nove días o 40 % dos sufraxios totais da anterior campaña, segundo datos da organización.A iniciativa, que este ano inclúe 17 pobos –un por cada comunidade autónoma–, xerou unha mobilización sen precedentes tanto a nivel local como rexional. A competencia preséntase máis axustada que nunca, con diferenzas mínimas entre os candidatos, o que anticipa unha selección moi rifada para a seguinte fase.
O 24 DE NOVEMBRO COÑECERANSE O CINCO FINALISTAS
A primeira rolda de votacións concluirá o 24 de novembro, data na que se anunciarán os cinco pobos que pasarán á segunda etapa grazas ao respaldo cidadán. O ano pasado Ribadavia impúxose na votación final, resarcindo así a Celanova, que quedou ás portas da iluminación en 2023.
Neste 2025 A Guarda é o pobo de Galicia que aspira a coar nas roldas finais, competindo con outras localidades moi turisticas do territorio nacional como Balmaseda, Cudillero, San Vicente de la Barquera, Torrelaguana ou Tejeda.
Ferrero Rocher insiste en que cada voto resulta decisivo para manter viva a posibilidade de obter a tradicional iluminación do Nadal.A marca subliña a importancia da participación para decidir que localidade recibirá o recoñecemento e o adorno luminoso característico da campaña.
SORTEO PARALELO PARA LEVAR O BRILLO Aos FOGARES
Ademais da competición entre pobos, Ferrero Rocher lanzou un sorteo dirixido aos consumidores. Cunha compra mínima de 5 euros nas súas liñas Ferrero Rocher, Collection ou Prestige, e conservando o ticket, os clientes poden optar a 100 pirámides da marca e 400 sets de copas decoradas con ouro de 18 quilates.
Tanto as votacións como o sorteo permanecen activos na páxina web oficial da iniciativa. A organización anima a seguir participando para consolidar o apoio aos candidatos e gozar das promocións do Nadal.
Escribe o teu comentario