A Candeloria Pista Extra saca unha camiseta especial en apoio a Palestina na súa edición máis solidaria

As camisetas estarán á venda o vindeiro luns 6 de outubro a partir das 12 horas.


|

471163182 18348893320133729 7815614188018867077 n
Foto: A Candeloria

 

Preparar o uniforme para un festival nunca foi tan sinxelo. O Festival A Candeloria Pista Extra fixo o traballo aos festivaleros co lanzamento dunha peza que, ademais de rompedora, é solidaria. Con motivo da grave crise humanitaria que está a sufrir o pobo palestino, o festival lucense, da man da firma Rei Zentolo e co deseño de Luisvi, pon á venda unha zamarra especial coa que achegar "o noso gran de area, por pequeno que sexa". 

 

 

Á VENDA O LUNS

Coas entradas para o festival do próximo 29 de novembro a piques de esgotar -apenas quedan uns 200 boletos antes de colgar o cartel de Sold Out-, o festival fai un chamamento á solidariedade para os asistentes que acudirán ao Pazo de Feiras e Congresos de Lugo a gozar de Talco, Evaristo Páramos, Manolo Kabezabolo ou Catalina Grande Piñón Pequeno, entre outros artistas de primeira liña.

 

497723430 18366200200133729 6238851064423689726 n
Público da Candeloria | Foto: A Candeloria

 

"O pobo palestino está a sufrir un xenocidio en Gaza por parte do Estado israelí e non podemos quedarnos á marxe. Somos millóns de persoas en todo o mundo os que esiximos o fin desta barbarie", apuntan os organizadores do evento, que subliñan o seu posicionamento "desde o minuto cero a favor do pobo palestino". 

 

Camiseta A Candeloria

 

A idea é que coas camisetas de edición limitada, ademais de "visibilizar o conflito e mostrar o noso apoio a Palestina", póidase destinar parte do recadado a unha organización propalestina. "As unidades da camiseta son moi limitadas, polo que todos os que queiran facer con algunha delas poderá reservala en preventa a partir do próximo 6 de outubro (e até o día 20 do mesmo mes)", detallan, dando cita a partir das 12 horas do luns para conseguir a elástica.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE