Cartel Festa do Marico do Grove: Siloé, A A Love You, As Ninyas do Corro, De Ninghures, León Benavente...

Algunhas das bandas máis demandadas polo gran público da escena nacional e galega daranse cita na Praza do Corgo.


|

WhatsApp Image 2025 09 05 at 14.29.58
A A Love You, De Ninghures, As Ninyas do Corro, Leon Benanvente e Siloé


A Festa do Marisco do Grove está ao virar a esquina. Ao bordo de celebrar o seu LXII Edición, o festival gastronómico ha evolucionado co paso dos anos cara a un evento que vai moito máis alá das nécoras e o polbo que se poidan despachar nas casetas da festa. Agora, O Grove convértese durante días na capital do mellor sabor e a mellor música, sendo unha das citas culturais do outono en Galicia cunha proposta que seduce ao gran público pola calidade do cartel dos Concertos do Marisco, que nada teñen que envexar aos grandes festivais. 

 

CITA NA PRAZA DO CORGO

Foron o alcalde do Grove, José Cacabelos, e Carlos Montilla, director da promotora I-Radia Crea, os encargados de dar a coñecer o completísimo cartel desta edición, co indie, o rap ou a música tradicional como algúns dos estilos que se darán cita a beiras da ría de Arousa.

 

A Praza do Corgo será o escenario da actuación de ao redor dunha vintena de artistas nos días de celebración que arrincan o próximo 2 de outubro. Algúns das mellores bandas do panorama nacional acudirán ao Grove, onde tamén serán protagonistas os grupos locais, como Fla-Meco, formación que cortará a cinta inaugural a noite do xoves 2 de outubro. 

 

O venres será a quenda dos ritmos urbanos cun dos pratos fortes da festa coa chegada das Ninyas do Corro, revolucionarias do hip-hop nacional coa súa forza desatada, flanqueadas á súa vez polo Bugg, promesa emerxente do trap. 

 

Para sábado serán Alberto&García os encargados de amenizar a noite cun estilo que navega do folclore á música electrónica. Tamén León Benavente sairá a escena co seu novo traballo debaixo do brazo, 'Nova sinfonía do caos', ademais dos seus temas clásicos. 

 

Unnamed (7)

 

O domingo serán Cinco en Zocas e De Ninghures os que protagonicen a xornada máis galega da festa, que continuará ao longo de toda a semana coas actuacións de Vos Firrás, Caballito, A banda do sequío, Freshkiños e Vos Carismáticos, ademais das sesinos a cargo de Manu TF, Nanein, Dj Permanente e Xota & Purpy.

 

Para o fin de festa do 10 ao 12 de outubro, os valisoletanos Siloé, unha das bandas máis puxantes da escena nacional, e os madrileños A A Love You, porán o broche de ouro á Festa do Marcisco o venres 10 e o sábado 11 respectivamente, estes últimos xunto a Leria, girlband que significou un terremoto na ecena galega.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE