A Candeloria di adeus tras máis dunha década de música cun "último berro" o próximo abril

O festival lucense celebrará a súa última edición despois de 12 anos de traxectoria.


|

A candeloria
Foto: A Candeloria

 

Os festivaleros temos unha cita o próximo 11 de abril. Non será para despedir ao Festival A Candeloria, senón para celebrar o seu percorrido. Un broche de ouro, un canto do cisne, un último baile para o festival lucense que tantas boas nopches deixou no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo e que se despedirá con "un último grito" a próxima primavera.

 

ATÉ SEMPRE, CANDELORIA

Así o anunciaron os organizadores, que recalcaron as dificultades que sufriron durante máis dunha década para traer á cidade aos mellores grupos das escenas do punk, rock e rap, sendo un referente "non só en Galicia, senón en todo o noroeste". 

 

"A Candeloria conseguiu posicional a Lugo como un referente deste tipo de eventos nunha estación, o inverno, de pouca tradición festivalera", reivindican desde a organización, con Manu Fernández levando a portavocía para agradecer "a todos os candelorios e candelorias" o afecto mostrado en 12 anos de traxectoria. 

 

O u00faltimo berro

 

O propósito agora é despedilo "da mellor maneira posible". "Non é un adeus triste, é un adeus cheo de alegría por todas as cousas impensables que conseguimos desde que en 2013 xurdises todo por mor dunha resca post noite compostelá", agregan, celebrando ter "o saco cheo de amizades novas, de momentos maravillos que xamais soñariamos con conseguir, coa satisacción de superar todos os momentos complicados desde o traballo e a humildade". 

 

Por todo isto, desde A Candeloria dan cita a todos os amantes da boa música para o próximo 11 de abril con "a misión de facer desa noite a máis especial da historia do festival". Porque un baile máis sempre se botou e a penúltima sempre se toma na Candeloria.

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE