'Danza no Camiño', o festival itinerante, chega esta semana a Galicia con paradas en Sarria, Portomarín e Santiago
A Xunta explicou nunha nota de prensa que a iniciativa se enmarca baixo a produción da compañía galega SóLODOS e conta ademais co patrocinio do Goberno autonómico para o seu desenvolvemento no territorio galego.
O festival itinerante 'Danza no Camiño', que mestura arte, danza e música con inspiración na ruta xacobea, chegará este mércores a Galicia cunha primeira parada cultural en Sarria, á que lle seguirán as do xoves en Portomarín e do venres en Santiago de Compostela como meta do percorrido iniciado o pasado 1 de xullo en Huesca.
En concreto, a Xunta explicou nunha nota de prensa que a iniciativa se enmarca baixo a produción da compañía galega SóLODOS e conta ademais co patrocinio do Goberno autonómico para o seu desenvolvemento no territorio galego.
Neste contexto, estes tres concellos polos que discorre o Camiño Francés acollerán espectáculos inéditos de España e Taiwan, así como a peza 'Onde pousa a humidade', asinado pola viguesa Marcia Vázquez, artista convidada desta sétima edición da proposta.
'Danza no Camiño' naceu en 2019 para prolongar o programa de actividades do Certame Internacional de Coreografía Burgos & New York. Despois de pasar por localidades de Huesca, A Rioxa, Burgos, Palencia e León, este 2025 recalará o día 16 de xullo na rúa Maior de Sarria ás 23,00 horas; o día 17 de xullo pasará pola praza da Igrexa de Portomarín ás 20,00 horas, e o último destino será a praza de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela, o venres 18 ás 20,00 horas.
Escribe o teu comentario