Empeza o VII VigoSaxForum con concertos, masterclass, conferencias e talleres de improvisación

O festival, que levará a cabo na escola de música da Unión Musical de Valladares até o domingo 6, contará cunha programación que incluirá distintas actuacións musicais abertas ao público
 


|

Archivo - Nicolas Arsenijevic.
 

Vigo acollerá a partir do próximo domingo, día 29 de xuño, a sétima edición do VigoSaxForum, que ofrecerá durante toda a semana concertos, masterclass, conferencias e talleres de improvisación relacionados co mundo do saxofón.

Tal como indicou a organización, este curso de saxofón pretende complementar e enriquecer as distintas actividades culturais xa propostas polas diferentes institucións pedagóxicas e artísticas existentes, talles como conservatorios superiores, profesionais ou escolas de música.

O festival, que levará a cabo na escola de música da Unión Musical de Valladares até o domingo 6, contará cunha programación que incluirá distintas actuacións musicais abertas ao público.

Así, arrincará este domingo co Trío Poulenc, formado por saxofón, fagot e piano. Será ás 20.00 horas no Auditorio do Centro Veciñal e Cultural de Valladares.

O martes 1 de xullo será a quenda do Lítore Quartet ás 19.30 horas no mesmo escenario, mentres que o mércores chegarán ás 20.00 horas Anxo Soria, o dúo Saxobieta e Lítore Quartet.

O francés Nicolas Arsenijevic, do Versailles Conservatory, que xa estivo noutras edicións, ofrecerá un concerto o venres 4 a partir das 19.30 horas, cando tamén estará Brais González.

Sábado tocará ás 19.30 horas o Ensemble Misxtura e Roberto Pacheco, mentres que a clausura do VicoSaxForum será o domingo ás 19.30 horas con todo o alumnado do evento. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE