Nova convocatoria do programa 'Benestar en Balnearios' para maiores de 60 anos

As solicitudes deberán presentar preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta e, de maneira opcional, poderanse presentar por rexistro.
 


|

Bienestar Balnearios
 

O Diario Oficial de Galicia (#DOG) publicará este luns unha nova convocatoria do programa 'Benestar en Balnearios', que ofrece estancias en 16 establecementos galegos para maiores de 60 anos ou pensionistas de máis de 55.

Segundo detallou a Xunta nunha nota de prensa, aquelas persoas que estean interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir este martes e contarán cun mes de prazo para facelo.

As solicitudes deberán presentar preferentemente por medios electrónicos a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta e, de maneira opcional, poderanse presentar por rexistro.

Como novidade, na edición deste ano auméntanse as prazas dispoñibles até superar as 1.275 e tamén se aumentan as quendas, que serán 66 en total, repartidas ao longo dos meses de xullo e decembro.

Trátase dun programa que oferta estancias de 15 días en réxime de pensión completa en 16 establecementos galegos, un máis que o ano anterior. Ademais, a Xunta indicou destina a esta convocatoria máis de 331.000 euros, o que supón un 10% máis de orzamento que na pasada edición. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE