O Son do Campiño: Cerceda levanta a voz con música e autogestión fronte aos marcofestivales
Cerceda acolle este sábado 14 de xuño a primeira edición de O Son do Campiño, un evento cultural independente que aposta pola autogestión, a visibilidade da creatividade local e a denuncia do modelo de macrofestivales. Desde as 13.30 até as 22.30 horas, a Avenida do Mesón será o escenario dunha xornada de poesía, beatbox, punk e rock con espírito crítico e combativo.
A iniciativa nace impulsada por un colectivo cultural en colaboración coa histórica banda Zënzar e co respaldo de numerosas formacións musicais asentadas en Cerceda . O obxectivo principal é dar visibilidade á creación artística do municipio, cunha traxectoria que suma máis de tres décadas de compromiso coa lingua, a cultura e a música galega. A proposta busca ademais tender pontes de confraternidade entre artistas e público, nun ambiente reivindicativo pero festivo.
Detrás do evento están tamén os veteranos da Asociación AACC Lucerna, cunha longa experiencia na organización de festivais desde os anos noventa. Ao longo dese tempo pasaron por Cerceda grupos como Extremoduro, Boikot ou Xenreira, e contribuíron ao surgimiento dun tecido musical propio na comarca. Parte desta historia queda recollida no libro ilustrado A culpa foi de Zënzar, escrito por Laura Romeu, actual baixista da banda que dá nome á obra.
A organización argumenta que este novo encontro quere romper coa rutina dos grandes festivais, fronte aos escenarios masivos onde sempre tocan os mesmos grandes nomes que dominan a axenda musical actual, O Son do Campiño preséntase como un acto de resistencia cultural, sen apoios económicos institucionais e co compromiso persoal dos artistas participantes.
Un dos eixos do festival é a crítica aberta ao modelo de macroeventos que, segundo os organizadores, concentran recursos públicos sen dar espazo á cultura de base nin a novos valores artísticos. Denuncian ademais que moitas destas iniciativas, promovidas mesmo desde institucións que din defender a cultura local, acaban replicando esquemas mercantilistas afastados do interese común. O mesmo nome do festival O Son do Campiño lembra moito a O Son do Camiño , o macrofestival deste fin de semana organizado en Ou Monte do Gozo co patrocinio da Xunta de Galicia.
Escribe o teu comentario